27 mar. 2017

IVAN FEIJOO 5º NA UCI JUNIOR SERIES DE MARSELLA (FRANCIA)


Ivan Feijoo, lograba subir o podium , na sua primeira competición ao maximo nivel internacional de BTT, desta nova temporada de BTT, na UCI Junior Series na  localidade francesa de Marsella. Estas competiciones  veñen a ocupar o lugar o que antes era a Copa do Mundo junior. Ivan , que partia na primeira liña de saida, era quen de meterse dende o principio no grupo de cabeza, e manterse nel en toda a carreira. Nun circuito que estaba moi embarrado, xa de saida formabase ese grupo de 7 corredores, entre os que estaba Ivan, e tamen o catalan Jofre Cullel.  Era cando se entraba na ulitma volta, e polos ataques de Jofre, cando se rompia o grupo, marchandose uns segundos Jofre , e o vencedor final, o suizo Alexandre Balmer. Ivan mantiñase no grupo perseguidor , reducido a 3 unidades, entrando en meta el quinto, e subiendo a podium. a 53 segundo do vencedor. Deste modo Ivan , refrenda o seu bo estado de forma, e o seu gran nivel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario