1 ago. 2016

ROMAN SAA (JUNIORS), CARLOS CANAL , ANTIA MARTINEZ (CADETES) E O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA VENCEDORES FINAIS DO OPEN DE GALICIA





Ca proba de este fin de semana en Arteixo, puñase punto final ao Open de Galicia, que este ano constaba de 9 probas, e o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA proclamabase vencedor na xeral por equipos, acadando asi unha bonita e importante victoria, que o situa como millor equipo de Galicia, na disciplina de BTT, XCo. A nivel individual, Roman Saa, acadaba a victoria absoluta en categoria Junior, diante do seu compañeiro de equipo, Abel Franco. Ambos corredores se xogaban na ultima proba o titulo, con unha pequena ventaxa para Roman, que chegaba como lider do Open. Ao final Roman , era 2º na proba e faciase finalmente co Open. En Cadetes, o Open era para Carlos Canal, que vencia en 8 das probas, dominando claramente o Open. En Feminas Cadetes, Antia Martinez, tamen dominaba a temporada galega, e se proclamaba vencedora final do Open.
En Elite, Saul Lopez, que non participaba en todas as probas , era 2º da xeral,. Raul Gonzalez era 3ºen Sub23. Asi pois , gran balance para o noso equipo neste Open de Galicia BTT XCO 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario