3 feb. 2016

IVAN FEIJOO O 8º NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE CICLOCROSS EN ZOLDER



Ivan Feijoo, puña este fin de seman o colofon a unha extraordinaria tempada, acadando o increible 8º posto nos Campionatos do Mundo de Ciclocross , na localidade Belga de Zolder, a onde acudia formando parte da seleccion Española de Ciclocross.A carreira disputabase, nun circuito trazado no circuito de coches de Zolder, un circuito rapido e duro. Ivan que partia na posicion 39, era quen de remontar xa dende a saida, na zona da primeira curva, onde nunha habil maniobra, gañaba ata 20 posicións. Xa no paso pola primeira volta situabase entre os 15 primeiros. A partir de hai , e volta a volta, con un gran ritmo de carreira, Ivan , gañaba mais posicions, e asi marcando o 2º millor tempo na ultima volta, entraba en meta 8º, a poucos mais de 30 segundo da medalla de bronce.
Ivan, amosaba asi a sua enorme categoria,  no seu primeiro mundial. Pecha asi unha gran temporada, no seu  primeiro ano na categoria.


http://www.uci.ch/cyclo-cross/ucievents/2016-cyclo-cross-uci-cyclo-cross-world-championships/172478016/widgets/entries-start-lists-results-173991/

No hay comentarios:

Publicar un comentario