21 oct 2015

BO BALANCE NO ARRANQUE DA TEMPADA DE CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E VILLARCAYO


IVAN FEIJOO 3º JUNIOR, ANTIA MARTINEZ 3ª CADETE E 1º EQUIPO JUNIOR EN MEDINA DE POMAR. ANTIA 3º CADETE EN VILLARCAYO




Arrancaba este sabado en Medina de Pomar (Burgos) a tempada estatal de Ciclocross, coas proba de Medina de Pomar , en Burgos, e na que se daban citan gran parte dos millores especialistas a nivel estatal. Os nosos corredores e corredoras , que acudian a cita , non defraudaron e estiveron a moi bo nivel. Asi en Juniors, Ivan Feijoo era 3º , con percance incluido, amosando un moi bo nivel. Roman Saa, nunha extraordinaria carreira era 7º , Abel Franco era 15º, levandose entre os tres a clasificacion xeral por equipos.
En Feminas Elite, Xiana , moitos meses apartada da competicion por lesion, estaba a moi bo nivel. e era 6ª. En Cadetes, Carlos Canal , que se estreaba na categoria era 5º e Hugo Vazquez 27º. Entre as chicas , destacar a gran carreira de Antia Martinez, que se estreaba na categoria, con un bonito podium ao ser 3ª e amosando moi boas maneiras.
Xa o domingo en Villarcayo,  Antia voltaba a ser 3ª en Cadetes, Xiana 6ª en Elite. E juniors, os percances se cebaban con Ivan, cando rodaba en cabeza, que o final simplemente se limitaba a rematar a proba. Roman Saa entraba o 17º, e Abel Franco ,victima dunha caida ,debia retirarse.
En Cadetes, Carlos Canal, cando rodaba en podium sufria unha caida e posterior pinchazo. na mentras que Hugo Vazquez era 25.
Asi pois bo inicio de tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario