10 ago 2015

PABLO RODRIGUEZ GUEDE (MMR) 3º NA COPA DO MUNDO DE WINDHAM E LIDER


O macedán Pablo Rodriguez Guede (MMR Factory Racing Team) era 3º na proba da Copa do Mundo Sub23 de Windham (EEUU), colleitando asi un novo podium nunha Copa do Mundo , e sumando 60 valiosisimos puntos que lle sirven para manter o maillot de lider da Copa do Mundo ,a falta da ultima proba , que se disputara dentro de 15 dias en Valdisole (Italia) . Pablo , manifestaba ao remate da proba a sua ledicia por tan importante resultado, nunha carreira moi moi dura, na que tivo que pelexar ata o ultimo metro. A victoria era para o frances Victor Koreztcky. Deste xeito , Pablo, chega a ultima proba con 18 puntos de ventaxa sobre o frances Tituan Carod, o seu maximo rival nestes momentos , na disputa da victoria na xeral final da Copa do Mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario