7 ene. 2014

VICTORIAS DE IVAN E XIANA NO CICLOCROSS DE DOMAIO



Este sabado finalizaba en Domaio a temporada galega de ciclocross, con bo sabor de boca para os integrantes do noso clube, xa que como foi habitual en todas as probas, sumaron varios podiums e victorias. Asi Ivan Feijoo vencia de novo en Cadetes ,sumando 10 victorias en 10 probas , incluido o titulo de Campion Galego, e todo elo no seu primeiro ano na categoria. Roman Saa entraba en meta 5º. En Juniors ,Raul Gonzalez, voltaba a finalizar no podium e era 3º. Xiana Conde era a 3ª entre as feminas, sendo a 1ª junior. En Elite Sub23 , Saul Lopez, amosaba a sua progresion , sendo 5º, e 2º entre os Sub23. En M40 Xulio era 4º, ao igual que Jose Manuel en M50. Antonio Saa era 13º en M40. Asi pois un bo xeito de rematar a temporada galega de ciclocross.

No hay comentarios:

Publicar un comentario