17 jun. 2013

MARCOS VILLAR VENCE EN JUNIOR CON RAUL DE 3º EN CASTRO BARBUDO. XIANA VENCE EN FEMINAS CADETE


Este sabado, disputouse nos montes de Castro Barbudo, en Rianxo, unha nova cita do Open Galego de BTT XC, tamén puntuable para o Open da Deputacion da Coruña, no circuito, sen dubida, mais técnico do calendario galego. A xornada comezou con retraso, pero para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, foi positiva, xa que Marcos Villar vencia na categoria de junior, con absoluta claridade, e evidenciando que vai recuperando  o seu nivel despois de mais de un ano de recuperación da sua lesión. O seu compañeiro, Raul Gonzalez, que este no seu primeiro ano na categoria, esta a convertirse nun asiduo do podium, entraba en meta 3º e acompañaba a Marcos no podium. A outra victoria da xornada, acadabaa Xiana Conde, quen vencía en Feminas Cadete e situabase lider do Open de Galicia e do Open da Deputacion da Coruña. En Elite, Saul López, era 4º e quedaba as portas do podium. En Cadetes , Román Saa , era 5º. En Master 50, tamén subia o podium Jose Manuel Gonzalez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario