20 mar. 2013

ARRANCOU UNHA NOVA TEMPADA DE BTT CON FRIO, CHOIVA E BARRO


Este fin de seman arrancou oficialmente a temporada para o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA,  coa primeira proba puntuable para o OPEN GALEGO de BTT XCO en Sanxenxo, na tarde do sábado 16, e na maña do domingo, ca primeria proba puntuable para o OPEN DE ESPAÑA BTT XCO  na localidade Navarra de Sangüesa. A coincidencia de ambas carreira obrigou ao noso equipo a dividirse.
Ambas carreiras estiveron marcadas polo intenso frio, choiva e o barro.
Na xornada do sábado , o mais destacado foi o 3º posto do junior Raul Gonzalez Carracedo, que na sua primeira carreira como junior , subía o podium. O seu compañeiro Sergio Movilla era 7º. En cadetes , Roman Saa , era tamen 7º.
Na proba do domingo, en Navarra, o infortunio cebouse cos corredores macedáns. Asi na carreira de feminas, a junior Eva Alvarez, debíase retirar cando marchaba na 3ª posicion, a consecuencia dunha caida. Tamén se retiraba a cadete, Xiana Conde, cando estaba pelexando polo podium , a consecuencia dun pinchazo. Tamén Saul Lopez, se retiraba por pinchazo , na carreira de Elite, e Marcos Villar, por caida, na carriera de Junior. Asi pois, xornada aciaga a do domingo, nunha xornada moi dura polo moito barro que obrigou os organizadores a suprimir parte do circuito inicialmente previsto, e a ter que modificar o mesmo no transcurso da carreira.
A vindeira cita tera lugar este fin de seman co Vigo Bike Contest, puntable para o Open Galego de BTT XCO 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario