5 sept. 2011

PABLO REMATA 32 NO MUNDIAL






Remataron xa os Campionatos do Mundo de BTT na localidade suiza de Champery, e ali estivo PABLO RODRIGUEZ, competindo coa selección española, na categoria de Junior. Non foi para nada unha carreira facel e xa dende o principio viuse que no iba fino como nas carreiras anteriores e que estaba lonxe de cabeza. Non era o seu día, pero a pesares de todo loitou ata o final por completar a carreira, rematando no posto 32º nos CAMPIONATOS DO MUNDO.Esta carreira pon o punto e final a unha gran temporada ,para todo o noso clube , pero en especial para Pablo, que completou no seu ultimo ano como junior, unha temporada que solo se pode calificar como INCREIBLE e GRANDISIMA. Basta so con ver os seus resultados nas probas da Copa do Mundo e o Europeo: 11º en Dalby Forest, 9º en Offemburg, 3º en Nove Mesto na Morave, 4º en Val di Sole e 4º no Europeo, ademais de terse levado a Copa de España de BTT, e moitas outras victorias.
Demostrou ser un dos corredores máis constantes nos seus resultados , sin altibaixos, sempre subido peldaño a peldaño e millorando en cada proba.Situose entre os millores juniors do mundo, asi o acreditan os seus resultados. A súa ilusión era pechar a temporada con un bo posto no mundial, pero non poido ser. Pero , o balance de toda a temporada e dende logo inmellorable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario