13 ago. 2011

PABLO 3º NA COPA DO MUNDO JUNIOR DE NOVE MESTO NA MORAVE

Un dia máis para a historia do noso clube e da nosa ESCOLA; a foto que dende fai tempo pensabamos que podia chegar , chegou: PABLO RODRIGUEZ, pisando o podium da COPA DO MUNDO DE BTT !!!! hoxe, si que unha imaxe vale máis que mil palabras. E de seguro que non vai ser a ultima vez , pero e a primeira, e de ahi a nosa delicia.
Pablo, que viña de facer 4º no CAMPIONATO DE EUROPA a semán pasada, amosando xa o seu nivel de forma , partia con serias opcións de subir o podium; o circuito gustaballe, el atopáse millor que nunca, asi que todo parecía que iba a realizar unha gran carreira, e asi foi, rodou toda a carreira entre segundo e tercerio, pelexando man a man con belga Jens Shuermans, que viña de quedar campión de Europa, polo segundo posto. Diante o neozelandes Antoon Coper, que sorprenderaos de saída , abrindo un oco que o final deulle a victoria. Chegabase a ultima volta e finalmente Pablo era 3º , e soño cumpriase ,para este junior macedan do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, e remataba subindo o podium. Agora, e sin celebracións, a pensar na vindeira carreira , unha nova COPA DO MUNDO, esta vez na localidade italiana de VAL DI SOLE, e sobre todo no mundial, para o que cada vez falta menos.

Para ver os resultados pulsa aqui:

No hay comentarios:

Publicar un comentario