28 abr. 2011

ESTE FIN DE SEMAN COPA DE ESPAÑA EN HUELVA E A FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR



Este fin de semán a actividade será dobre para o clube. O Domingo a cita será na 3ª proba puntuable para a COPA DE ESPAÑA DE BTT , en HUELVA. Para ali partirán o venres os corredores Sub 23 Iago e J. Ramon, os juniors, Pablo, Saul e David, e os cadetes Marcos e Ivan que acudirá co CGTD. Pablo, chega a esta cita despois de ter vencido na anterior proba de Menorca, e como lider da Copa de España Junior; tentará afianzar o seu liderazgo na categoria con unha victoria. Outro corredor Junior , con opcións de victoria e Saúl, que en Menorca xa subiu o podium. En Cadetes , Marcos Villar tentara subir o podium , despois de ter quedado as portas do mesmo en Menorca. Asi pois , as opción do clube macedán ACADEMIA POSTAL-ACTYON son importantes de cara a acadar máis dunha praza nos podiuns das diferentes categorias. Pola sua banda, tanto J. Ramón, que tamen esta en racha de victorias a nivel galego, como Iago, parten coa idea de medirse cos seus rivais na categoria SUB 23 a nivel estatal , e nos sería moi dificil , que algun deles rematará en posición de cabeza.



A outro cita para os integrantes do clube, será na tarde do sábado , na FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR , na localidade da Pobra do Caramiñal , para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadetes. Asi pois, un fin de semán máis , actividade intensa para o conxunto macedán e os integrantes da ESCOLA JA HERMIDA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario