13 mar. 2011

DOMINIO MACEDAN NA TRANSGALAICA DE PONTEVEDRA


O Academia Postal-Actyon-Maceda, dominou este domingo a 1ª proba da Transgalaica, celebrada na localidade pontevedresa de Verducido. Nunha proba, con un percorrido de 58 km, e na que participarón máis de 220 bikers , e na que a clasificación final da proba era absoluta ,sin diferenciar categorias , os corredores macedáns colocaban a 3 corredores entre os 4 primerios. Asi o vencedor absoluto da proba era o junior PABLO RODRIGUEZ , seguido do seu compañeiro de equipo, o sub 23 JOSE RAMON VILLANUEVA, co tamén corredor do clube, SAUL ALVAREZ na 4ª posicion. E de destacar a actuación dos corredores macedáns ,xa que sendo ainda de categoria junior lograban estes posto na clasificación absoluta, diante de corredores como os exprofesionais de estrada , da categoria de Marcos Serrano, Gustavo Cesar Veloso e Alejandro Magallanes. Esta era a primeira cita da Transgalaica 2011 , que consta de tres probas , todas elas en formanto maratón , e decir de longa distancia. A vindeira cita para os corredores macedáns será o vinderio fin de semán , xa na 1ª cita da Copa de España de BTT , na madrileña Casa de Campo. Asi pois, bo inicio de campaña, despois de ter vencido nesta proba e na do anterior fin de semán , na que tanto Pablo 1º , Saul 3º en juniors e Marcos Villar 2º en cadetes subian o podiun nunha proba de caracter internacional como e a de Monteferro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario