27 feb. 2011

HOMENAXE DO CONCELLO DE MACEDA A MARCOS E PABLO


O Concello de Maceda , homenaxeou os corredores locales MARCOS VILLAR e PABLO RODRIGUEZ pola súa excelente tempada de Ciclocross , na que ambos corredores venceron na Xeral da Copa de España , nas categorias cadete e junior, respectivamente, proclamandose ademais Pablo Campión de España e Marcos Subcampión. Pablo ademais estivo nos mundias coa selección española, ao igual que a temporada anterior. No acto , presidido polo Alcalde de Maceda ,Xavier Rodriguez, fixoselle entrega dun agasallo a os dous corredores, consistente nunha careta de Felo, feita en barro. Ambos estiveron acompañados polos seus compañerios de equipo, Iago, Ruben, Ivan, David e Xulio, xunto co novo corredor do clube , Saúl.
Na foto aparecen todos os integrantes do equipo , co Alcalde, Francisco Novoa, director do Grupo Academia Postal, Cesareo Borrajo, Presidente do Clube, Antón , Teniente Alcalde do Concello.
Citar as palabras de Xavier, que se manifestou que era un feito histórico que dous corredores de maceda estivesen a acadar titulos a nivel estatal , estando integrados, ademais , nun clube local.

Foto de Adrian Martinez

No hay comentarios:

Publicar un comentario