6 jun 2010

MINI BTT HERVILLE MOS



Bonita xornada para o Clube Ciclista Maceda, na matinal do sabado no alto do monte de Herville, no concello de Mos, nunha proba organizada pola Fundación Oscar Pereiro para os máis pequenos e pequenas. Os integrantes da Escola de Ciclismo JA Hermida, dominaron na máior parte das categorias, acadando numerosos podiums. Asi en Infantis Masculino Ivan Conde foi 1º con Rubén García no 3º posto. Na mentras que na catería feminina Desidee Duarte e Xiana Conde foron 1ª e 2ª respectivamente. En Alevins, Ivan Feijoo foi 1º con Roman Saa en 3ª posición. E en promesas feminas houbo un novo doblete con Aida Gonzalez e Noela Saa en 1ª e 2ª posición. Foron un total de 21 os corredores de Maceda os que acudirán a participar nesta proba dun total de case que 150 corredores e corredoras de todos os clubes galegos. Na matinal do domingo , algúns corredores cluble macedán acudiron a participar no Campionato galego de Maraton para BTT en Crecente , no que J. Ramon Villanueva logrou acadar como 2º Junior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario