Este sábado comezou con unha andaina a actividade da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC Maceda. A esta acudiron unha gran parte dos integrantes da escola e os seus pais. Foron entorno a 8 km os que se completaron , nunha xornada na que a choiva deu unha tregua. A partir de agora, comeza a preparación de cara a nova tempada que comezara alo polo mes de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario