18 sept 2021

MINI BTT DE PORRIÑO






Este fin de seman puñase punto e final a unha temporada mais de Mini BTT , ca proba celebrada no Monte da Risca, en Porriño, organizada pola Escola de Ciclismo Avanza.  Xornada completa para os nosos pequenos e pequenas . 

10 sept 2021

CARLOS CANAL NA ESCOLA DE CICLISMO

 



Rematada a Vuelta a España 2021, o corredor formado na nosa Escola, Carlos Canal, e agora profesional no equipo BURGOS BH, visitaba a Escola , xogando nas nosas instalacións xunto ao resto de rapazes e rapazas da Escola. Carlos foi o primeiro corredor formado na nosa Escola, que ten chegado o mundo do profesionalismo na disciplina de estrada, e que ademais ten corrido na Vuelta a España

4 sept 2021

A VUELTA A ESPAÑA FEMENINA PASA POR MACEDA CON ANE SANTESTEBAN

 




A Vuelta a España Femenina , que este e ano se disputaba integramente en terras galegas, coincidindo o final da mesma co final da Vuelta a España Masculina, chegaba a Maceda , na terceira das etapas, que saia de Manzaneda Estacion e remataba no Poligono de Monterrei, no Concello de Pereiro de Aguiar. 

Era a primeira vez que esta Vuelta pasaba por Maceda, e coa corredora local, residente en Maceda , Ane Santesteban entre as participantes .

MINI BTT DE CAMBRE





 Este sabado tocaba viaxar a terras de Cambre para disfrutar dunha bonita xornada de Mini BTT, organizada polos nosos amigos e amigas do CC CAMBRE.

29 ago 2021

SAUL LOPEZ 12º ABSOLUTO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE XCM

 




Saul Lopez finalizaba 12º nos Campionatos de España de XCM celebrados en Lalin, nun duro percorrido de 90 km . Saul completaba unha excelente carreira rematando moi perto do top ten nos campionatos de España. 

27 ago 2021

VISITA DO PRESIDENTE DA DEPUTACION DE OURENSE AS NOSAS INSTALACIONS

 






O Presidente da Deputacion de Ourense, José Manuel Baltar, visitaba este venres as instalacións do BICI PARQUE , asi como o circuito do Castelo . José Manuel Baltar comprometiase a realizar unha serie de reformas na nave, o cambio da cuberta actual, asi como a impulsar o circuito do Castelo, creando un parque de Habilidade e disfrute da bicicleta. 

23 ago 2021

VISITA DE LARRINAGA O BICI PARQUE




Este xoves recibiamos a visita de JAVIER RUIZ DE LARRINAGA , ex ciclocrossman, as nosas instalacións de O BICI PARQUE. 

Larrinaga, atopabase estes dias por Baños de Molgas, participando no Campus de Ciclocross, organizado pola Federacion Galega de Ciclismo , aproveitando para visitar cos rapazes e rapazas participantes neste campus, as nosas instalacións.