30 dic 2014

A CESTA DE NADAL XA TEN DONO




Durante o transcurso dos Campionatos de Galicia de Ciclocross , o 28 de decembro, procedeuse o sorteo da xa tradicional cesta de Nadal, procedendose a sua entrega ao remate da proba. Houbo ademais sorteos de cazadoras cedidas pola marca DARE2B.

29 dic 2014

IVAN FEIJOO CAMPION GALEGO CADETE. ABEL 3º . XIANA CONDE 3ª JUNIOR.







Gran actuacion dos nosos corredores e corredoras nos Campionatos de Galicia de Ciclocross que este ano se celabraban en Maceda, diante dun numerosisimo publico, e nunha proba que mereceu os parabens de todos os participantes. O circuito, diseñado , nos arredores do Castelo ,gustaballe a todos os participantes , e destacaba pola sua dureza, a pesares de estar bastante seco.
No que se refire a os resultados, destacar a victoria na proba absoluta de JOSE ANTONIO HERMIDA, que acudia a proba en calidade de invitado, ao non poder disputar o titulo de Campion Galego. Este tittulo foi parar para o macedán PABLO RODRIGUEZ (MMR) que nunha emocionatisima e disputada carreira vencia con un marxe de 5 segundos. Destacar a gran carreira de SAUL LOPEZ , que entraba en meta en 4º lugar, como 4º Sub23, e o que so unha caida na penultima volta privabao de loitar pola victoria. RAUL GONZALEZ era 5º Sub23 nunha gran carreira nunha gran temporada.
En Cadetes , IVAN FEIJOO faciase co titulo , vencendo con claridade, e sumando unha victoria máis nunha gran temporada. ABEL FRANCO, era 3º , e colleitaba unha medalla, despois de ter realizado tamen unha moi boa carreira, na que estivo a loitar polo segundo posto toda a carreira. En Juniors, XIANA CONDE era 3ª e sumaba un podium mais. En juniors, ROMAN SAA estaba a moi bo nivel sendo 9º.  En Infantis, victoria de CARLOS CANAL. ANTIA MARTINEZ 2ª en Feminas Infantis e NOELA SAA 3ª.
A nivel organizativo , a proba foi todo un exito, tanto pola gran cantidade de publico que asistiu como polos parabens recibidos. Destacar tamen a homenaxe recibida por parte do mundiño do Ciclocross a Vicente Allo.

27 dic 2014

JOSE ANTONIO HERMIDA E PABLO RODRIGUEZ PREMIOS CHOCAS DO ANO




Os bikers JOSE ANTONIO HERMIDA e PABLO RODRIGUEZ , foron galardonados polo noso clube cos premios CHOCAS DO ANO, pola sua gran traxectoria no mundo do BTT. J.A. Hermida, unha lenda no BTT, foi campión do mundo en todas as categorias (Junior, Sub23,Ellite, Team Relay) ademais de medalla olímpica en Atenas.... PABLO RODRIGUEZ, corredor formado na Escola JA Hermida, e o futuro do BTT non so español, si non mundial. Pablo , varias veces Campion de España en Ciclocross e BTT , ven de finalizar 6º na xeral Copa do Mundo de BTT. En categoria junior, Pablo , subiu ao podium nunha proba na Copa do Mundo.
Anterioremnte tiñan recibido este premio, OSCAR PEREIRO, MARCOS SERRANO, O EQUIPO XACOBEO, EZEQUIEL MOSQUERA, GUSTAVO CESAR VELOSO, CHECHU RUBIERA E MIGUEL INDURAIN.

VISITA DE HERMIDA NO 10º ANIVERSARIO DA ESCOLA JA HERMIDA





Coincidindo cos 10 anos da Escola de Ciclismo JA Hermida, e coa celebracion dos Campionatos de Galicia de Ciclocross en Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA , aproveitou para visitar a todos os seus alumnos/as , ademais de participar nos actos do 10º aniversario da Escola e na proba dos Campionatos de Galicia de Ciclocross, como invitado. Hermida, poido adestrar con todos os rapazes e rapazas da Escola durante a maña previa a celebracion dos Campionatos .

26 dic 2014

OS CAMPIONATOS DE GALICIA DE CICLOCROSS EN MACEDA O 28






Xa todo esta preparado en Maceda , para acoller o vindeiro domingo 28 os Campionatos de Galicia de Ciclocross,  no xa clasico circuito dos arredores do Castelo. A proba contara coa presencia , ademais dos millores ciclocrosman galegos, de Jose Antonio Hermida, que acudira en calidade de invitaddo. As probas comenzaran a partires das 10:30 horas.

21 dic 2014

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NO 38º TROFEO VILA DE LOURO -PORRIÑO





Ivan Feijoo sumaba unha victoria mais , na proba celebrada no velodromo de Porriño a unha seman dos campionatos de Galicia. Ivan dominaba claramente a proba de cadetes e faciase coa victoria. O seu compañeiro ,Abel Franco sufria averia e finalizaba 8º. En Juniors Roman Saa era o 18º. Na carreira de Elite ,gran carreira de Saul Lopez, que rodaba durante toda a carreira pelexando pola victoria e entrando en meta finalmente 4º (3º Sub23). Raul Gonzalez era o 11. En infantis , victoria de Antia , e 2º lugar para Noela Saa.

17 dic 2014

MELLOR EQUIPO ABSOLUTO NOS PREMIOS + DEPORTE DE LA REGION.



O suplemento de deportes + Deporte , do xornal La Region, concedianos este ano o premio ao millor equipo absoluto, durante a gala do premios + Deporte, celebrada no auditorio municipal de Ourense. O noso equipo chegaba a gala como finalista e finalmente resultaba vencedor na categoria de + Deporte, o que constitue un gran exito.