20 abr 2015
FINAL PROVINCIAL DUATLON ESCOLAR MASIDE 2015
Nunha xornada , na que o final libramos da choiva, os nosos rapazes e rapazas voltaron a disfrutar dunha xornada deportiva, esta vez na disciplina de Duatlon Escolar, tendo unha moi boa actuacion , nunha disciplina a que non estan moi habituados. Asi sumaron varios podiums e victorias. Destacar as victorias de Abel Franco en Cadetes, e de Carlos Canal en Infantis.
13 abr 2015
BRAIS SENDIN 5º JUNIOR NO OPEN DE ESPAÑA DE JEREZ E CAIDA DE IVAN FEIJOO
Nun fin de seman accidentado para os corredores do noso clube, na segunda proba puntuable para o Open de España BTT XC en Jerez, ante numerosisimo publico, destacar a actuacion de Brais Sendin, que finalizaba 5º , despois de estar a pelexar durante a carreira polo podium . A victoria final foi para o rumano Vlad. Reseñar a lesion de Ivan Feijoo , que o sabado mentras recoñecia o circuito sufria unha desafortunada caida na que se fracturaba o radio, o que lle obrigara a estar un mes apartado das competicions. Ao resto de integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON, non lle acompañaba a sorte, e debian retirarse por diversos problemas mecanicos. Sinalar tamen o podium de J. Manuel Gonzalez, no eliminator do sabado celebrado no centro de Jerez.
En Galicia, e na Transgalaica, Felix Borrajo ,subia ao podium de Master 40 , finalizando 3º.
Destacar a gran carreira do macedan do MMR Pro Team , Pablo Rodiguez , que finalizaba 3º na carreira Elite, sendo 1º en Sub23 e mantendose como lider do Open en Sub23.
30 mar 2015
VICTORIA DE IVAN FEIJOO (CADETE) , E SEGUNDO POSTO DE BRAIS SENDIN (JUNIOR9 NO SUPERPRESTIGIO MTB DE ESTELLA
O ACADEMIA POSTAL-ACTYON voltaba a amosar un gran nivel nunha proba das importantes a nivel estatal, esta vez na proba do SUPERPRESTIGIO MTB CAJA RURAL de Estella (Navarra), a onde acudian os millores corredores a nivel estatal.
Na carreira de cadetes, Ivan Feijoo, lograba a victoria, nunha gran carreira na que aventaxaba na meta en casi minuto e medio o segundo clasificado. Deste xeito Ivan continua coa sua gran tempada. O seu compañeiro de equipo, Abel Franco , era 12º , tamen realizando unha moi boa carreira. En Juniors, proba do calendario UCI, Brais Sendin, era 2º , despois de ter loitado toda a proba pola victoria, liderando a mesma durante unha boa parte , e solo sendo superado na liña de meta polo rumano Vlads Dascalu. Deste xeito , Brais Sendin, vaise situando entre os millores especialistas a nivel estatal. Roman Saa era o 21º na mesma categoria. En Feminas Junior Xiana Conde era a 6ª . Na carreira Elite Sub 23, Raul Gonzalez era o 43, 12 Sub 23.
24 mar 2015
X DUATLON ESCOLAR DE MACEDA
Na maña do domingo tocounos organizar unha nova edicion do Duatlon Escolar, e xa van X edicions, con esta. A participacion, nun dia soleado , pero frio, foi bastante alta, e os pequenos e pequenas da Escola JA Hermida ,poideron disfrutar dunha bonita xornada de Duatlon, colleitando numerosos podiums , pero sobre todo disfrutando dunha bonita disciplina , na que se combina a carreira a pe , e a bici.
VICTORIAS DE BRAIS, IVAN E XIANA NO OPEN GALEGO BTT XC DE SOBER
Exitosa xornada a vivida 2ª proba do Open Galego de BTT XCO disputada na localidade lucense de Sober, coas victorias de BRAIS SENDIN (junior) IVAN FEIJOO (cadete) e XIANA CONDE (feminas junior) , a os que hai que sumar os podiums de SAUL LOPEZ (3º elite-Sub23) , ROMAN SAA (3º Junior) ABEL FRANCO (3º cadete) Jose Manuel Gonzalez (2º M50) e Felix Borrajo (2º m40)... Tamen , realizaron unha gran carreira , outros corredores como Iago Garcia (6º Elite) Raul Gonzalez (8º Elite) ... Asi pois, un gran dia, no circuito diseñado pola xente de A Ponte Vella de Monforte.
16 mar 2015
IVAN FEIJOO 2º CADETEA NO OPEN DE ESPAÑA DE VALLADOLID, E BRAIS SENDIN 5º JUNIOR
Este fin de seman comezaba o Open de España de BTT XCO , en Valladolid, cos Internacionales de BTT. O sabado tocaballe o turno a proba crono, na que o cadete Ivan Feijoo, subia o podium, marcando o 2º millor tempo en cadetes. En juniors , Brais Sendin, finalizaba cerca do podium entrando 5º . Abel Franco era 13º en cadetes.Na proba do domingo, o rali, disputado nun circuito durisimo, con un importante desnivel, Ivan Feijoo repetia posicion e nun man a man co catalan Josep Cullel, voltaba a ser 2º. En Juniors Brais Sendin, tamen repetia ,e era 5º, tamen nunha gran carreira. Raul Gonzalez que se estreaba como Sub 23, tamen realizaba unha gran carreira, entrando en meta como 12º sub 23, (29ª na xeral) e amosando unha moi boa adaptacion a categoria raiña, nunha proba na que o macedan do MMR PRO TEAM, Pablo Rodriguez vencia en Sub23 e entraba en meta 3º absoluto. Abel Franco er 14º en cadetes e Xiana Conde 7ª en Feminas Junior. Na proba do Open de Galicia, de Ferrol , Felix Borrajo subia por primeria vez ao podium, en M40 sendo 3º.
9 mar 2015
BRAIS SENDIN, ESTREASE CO MAILLOT DO MACEDA VENCENDO NA TRANSGALAICA DE COTOBADE
O noso corredor junior , procedente da Escola de Ciclismo de Redondela., Brais Sendin , estreabase este domingo co maillot do ACTYON-ACADEMIA POSTAL, vencendo na proba da Transgalaica de Cotobade. Destacar que Brais, ainda corredor Junior, era o vencedor absoluto , dunha proba na que tomaron parte mais de 400 corredores/as. Brais dominaba a proba xa dende a primeira das voltas, e entraba en meta con un marxe de 42" sobre o segundo clasificado, Manuel Parada, e 4´48" sobre o terceiro Javier Busto. A nivel de equipo, o CC MACEDA , finalizaba 2º na clasificacion xeral. Destacar tamen o 19º posto de Raul Gonzalez, na sua primeira carreira de BTT como Sub23, e o 23º posto de Felix Borrajo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







