15 oct 2011

A VENDA A ULTIMA BICI DO CLUB!!!

MERIDA O NINE TEAM D talla 18


Esta a venda a bici do club
MERIDA O NINE  TEAM D talla 18, bici de entorno os 8 kg de peso, e totalmente revisada, montada en XX . Tal vez unha das millores bicis do mercado.


Interesad@s enviar e mail a                          ccmaceda@gmail.com



13 oct 2011

ESTE SABADO, ESTAREMOS NO CX INTERNACIONAL DE VILLARCAYO


Este sábado, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA se desprazará ata a localidade burgalesa de Villarcayo, onde se celebra o IX CICLOCROSS INTERNACIONAL DE VILLARCAYO, onde comezaremos "oficialmente" unha nova temporada de CX despois do "fallido intento" do pasado fin de semán en Valladolid.
Esta proba, de caracter internacional, nas categorias de Junior e Elite, é unha das probas importantes no calendario estatal. Ata ela se desprazará, un total de 7 corredores e corredoras do clube, repartidos nas categorias de Cadetes, Juniors, Sub 23 e Master. 
Os horarios das probas son os seguintes:

10:30 Carreira Popular
12:00 Master 30/Senior
13:00 Feminas Elite/Junior/Master 40-50-60
15:00 Feminas Cadetes/Cadetes
16:00 Junior Internacional
17:00 Elite/Sub 23 Internacional

Para mais información da proba visita:
ciclocrossvillarcayo.blogspot.com

10 oct 2011

COMEZOU O CX EN VALLADOLID



Este domingo celebrouse a primeria proba da temporada de Ciclocross, en Valladolid, con unha proba que nun principio estaba calendada como puntuable para a Copa de España de Ciclocross, pero que, a última hora  quedou fora da Copa de España, pasando a ser unha proba de caracter autonómico o que propiciou que a participación na mesma decaera.O noso clube decidiu non acudir a proba como equipo, unha vez que lle foi comunicado por parte do organizador, que non era puntuable para a Copa de España.Asi por parte do noso clube acudiron a participar, a titulo individual,  David Rodriguez en Juniors e Ivan Conde en cadetes, tendo unha boa actuación , xa que na carreira de Juniors , David, que inicia o seu segundo ano como junior, rematou no 4º posto, e en Cadetes, Ivan Conde, era 5º. Ambos corredores, apuntan a realizar unha gran temporada.
A seguinte cita, sera o vindeiro fin de semán , na localidade burgalesa de Villarcayo, proba de caracter internacional.
Clasificacións completas:
http://www.fedciclismocyl.com/actas_carreras/ciclocross-valladolid091011.pdf

6 oct 2011

CALENDARIO CICLOCROSS 2011/12


COMEZA UNHA NOVA TEMPADA DE CICLOCROSS

Este fin de semán comeza coa proba de Valladolid unha nova tempada de Ciclocross. A cita de Valladolid será a primeira das probas puntuables para a Copa de España de Cilclocross. As nove da maña do domingo 9 de outubro, no centrico Parque Sol, darase a saída a primeira das carreiras. Ata ala se desprazaran un total de 8 corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA do CC Maceda, repartidos nas categorias de Cadetes, Juniors, Sub 23 e Master.
Os horarios das probas son os seguintes:
9:00 :  Master 40,50,60
10:00:  Senior e Master 30
11:00: Cadetes Masculinos e Femeninos
12:10: Juniors e Feminas
13:15: Elite e Sub-23 Masculina

3 oct 2011

PABLO RODRIGUEZ FICHA POLO HIRUMET TALDEA

O corredor Pablo Rodriguez Guede, comeza unha nova etapa na sua carreira ciclista, fichando polo equipo vasco de ciclocross, Hirumet Taldea, equipo montado entorno ao corredor Egoitz Murgoitio. Deste xeito Pablo entra a formar parte dun equipo que ven participando asiduamente en carreiras da Copa do Mundo de Ciclocross, o que lle permitira estar presente nas millores probas a nivel internacional, e asi poder seguir evolucionando como ciclista. Dende o noso clube, queremos desexarlle moita sorte na súa nova andaina lonxe do noso clube, e que a sua carreira ciclista siga millorando ao ritmo que dentro do noso clube o veu facendo dende que se iniciou na Escola JA Hermida alo polo ano 2005. Sorte Pablo.

FIN DE SEMAN EN A RUA


Este fin de semán os corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON, acudiron a localidade de A Rua, sede da empresa ACTYON, para pasar un fin de semán adestrando de cara a nova temporada de Ciclocross , que comeza en breve. Nun fin de seman caluroso, os integrantes do clube macedán, disfrutaron de duas xornadas nas que combinaron adestramentos de CX, con adestramentos de estrada , dando tempo para algunha visita de tipo cultural, todo elo nun entorno ideal para a practica do CX.