12 sept 2024

MINI BTT DE CAMBRE

 







Este fin de seman celebrabase un dos clasicos do Mini BTT, a proba do calendario galego que mais anos leva celebrandose, o Mini BTT de Cambre. E ata ali desprazabanse os nosos rapazes e rapazas da ESCOLA. 


3 sept 2024

ALEJANDRO GARCIA 6º NOS CAMPIONATOS DO MUNDO XCO JUNIOR DE ANDORRA.




Alejandro Garcia  finalizaba 6º nos Campionatos do Mundo de XCO ,  junior, despois de completar unha extraordinaria carreira, pelexando pola medalla ata practicamente o final de carreira. Alex, saia no posto 22 , efectuando unha gran saida, e situandose xa na primeira subida no grupo de cabeza. Destacabase pronto do grupo o danes, Albert Philipsen, que a postre , proclamariase Campion do Mundo. Por detras formabase un grupo de 4 corredores, entre os que estaba Alejandro ,e tamen o outro corredor español , Hugo Franco. Alejandro  tentaba marcharse , unha e outra vez, pelexando en todo momento pola medalla, e amosandose un dos mais activos do grupo, xa na penultima das 5 voltas , incorporabase o grupo, o sueco Anton Unger. Nos ulitmos metros da 5ª volta, decianse os postos de podium, o 2º e 3º, cedendo Alex no final e entrando en meta 6ª .

Un 6º posto moi meritorio que o situaba entre os millores juniors do mundo, colofon a unha grandisima tempada.