7 dic 2011
TAÇA DE PORTUGAL DE CX. VICTORIA DE IVAN EN CADETES
Este domingo celebrouse na localidade portuguesa de Agueda a segunda proba puntuable para a Taça de Portugal de CX. Foron un total de 8 os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, os que se desprazaron para participar nesta proba. Destacar a actuación de Ivan Conde en Cadetes, que obtiña de novo unha victoria, e xa van 2, na Taça, dominando a proba dende a saída.Na mesma categoria , Raul Gonzalez finalizaba 4º e o debutante Sergio Movilla 7º Tamén en cadetes, pero en feminas, era Xiana Conde a que obtiña outro podium , rematando 2ª detras de Desiree Duarte. Nas restantes categorias os resultados foron os seguintes: en juniors Marcos Villar e era 6º con David Rodriguez 9º. En Master 40 Xulio Conde era 4º. E na categoria raiña, Saul Lopez finalizaba en 10º posicion.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario