25 dic 2011

IVAN E XIANA SUCAMPIONS GALEGOS E SAUL E DAVID 3º

Onte sábado , celebraronse en Santiago de Compostela, os Campionatos Galegos de Ciclocross, no parque da Granxa do Xestal; para os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, a xornada pode calificarse de boa, xa que cumprirón coas súas expectativas e acadaron 4 podiums, colocando algún corredor no podium en todas as probas nas que tiñan presenza. A xornada, soleada, comezaba ás 10:30 coa saída da carreira de Cadetes e Feminas; en cadetes, a carreira foi un man a man entre o corredor do Rosal , e o de Maceda, Ivan Conde; ao final vencía Raul , e Ivan remataba segundo, proclamandose subacampión Galego. Na mesma categoría , Raul Gonzalez era 5º, nunha extraordinaria carreira. En Feminas, Xiana Conde era 2ª , polo tanto subcampiona Galega, de tras da corredora do Aquagest, Desiree Duarte, (excorredora, do CC Maceda) as 12:15 dábase a saída a proba de Junior e Elite Sub23; en juniors, a única representación macedán corría a cargo de David Rodriguez, ante a ausencía de Marcos Villar, que se atopa convaleciente da súa rotura de femur, esta semán.  David partia con serias opcións de podium, e un pinchazo na primeira volta, descolgouno da cabeza de carreira, pero aínda asi remontaba , e o final era terceiro. Na carreira de Sub 23, Saúl López, tamén era 3º, colleitando asi unha medalla máis para o clube macedán; nesta categoria vencía o excorredor do CC Maceda, Pablo Rodriguez. Asi pois, bos resultados para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , nestes campionatos galegos, nos qu colocou a 4 corredores no podium.



No hay comentarios:

Publicar un comentario