30 abr 2026

VICTORIA DE MARCOS RODRIGUEZ NA TAÇA DE PORTUGAL DE LOUSADA





Segunda victoria de Marcos Rodriguez na Taça de Portugal, esta vez en Lousada , nunha carreira emocionate, nun circuito que se fai moi duro, e que se decidia na ultima volta, no que un ataque de Marcos a falta de media volta, tomaba unha ventaxa sobre os outros dous corredores que o acompañaron durante toda a carreira. Segundo era o portugues Hugo Ramallo e terceiro o Irlandes Ryan Dylan

27 abr 2026

VICTORIA PARA SARELA CONDE NA COPA GALICIA DE SAMIEIRA







Victoria de Sarela Conde na Copa Galicia de Samieira, na que ademais, Saul Lopez era 4º Elite e Ivan Feijoo 6º . En junior Lucas Gomez colabase no top ten o ser 8º e Daniel Rodrigues era 12º . En cadetes top ten para Ilan Rey, 7º e 12º Hugo Outumuro. En Infantis, Izan Grande era 12º  na mentras que Martin Gil 20º e Lucas Outumuro 21º. En M30 Samuel Fernandez 2º

19 abr 2026

MINI BTT MONTES SALCEDO





Gran carreira dos pequenos e pequenas da Escola no Mini BTT de Montes de Salcedo organizado polo CC Farto acadando moi bos resultados

VICTORIA DE MARCOS RODRIGUEZ NA COPA DE ESPAÑA DE ALPEDRETE




Primeira victoria para Marcos Rodriguez nunha Copa de España , nesta gran tempada que esta a realizar. Foi en Alpedrete, nun circuito que este ano sufriu alguns cambios con respecto a anos anteriores. Gran carreira , na que se distanciaba do seu rival na ultima volta. 

18 abr 2026

O GRAN CAMIÑO RENDIA HOMENAXE O CC MACEDA NA ETAPA DE XINZO A XUNQUEIRA





O Gran Camiño homenaxeaba o noso clube con sendos actos  ao remate da etapa que saia en Xinzo de Limia e remataba no Alto de Meda en Xunqueira, e que pasaba por Maceda. 

Ao remate da proba , a organizacion do evento facia entrega dunha placa e un Carballo pola labor do clube nestes anos. 

Despois dirixianse a Niñodaguia onde, no monolito que esta a pe de estrada, e no que se lembra do corredor do noso clube falecido no ano 1971, Jose Gonzalez Doniz , e faciase entrega duns ramos de flores, nun acto con xente do clube e a familia.

14 abr 2026

VICTORIA DE MARCOS RODRIGUEZ NA TAÇA DE PORTUGAL DE ABRANTES



Gran victoria para Marcos Rodriguez a acadada este fin de seman na Taça de Portugal de Abrantes, estreandose asi cunha gran victoria na Taça na categoria junior.



13 abr 2026

MINI BTT DE PORRIÑO,





Unha nova xornada mais de Mini BTT para os mais pequenos do Clube, que voltaban a casa con varios podiums , victorias e unha xornada mais de convivencia . Foron casi unha treintena os que ata ali se desprazaron.





12 abr 2026

SARELA CONDE SEGUNDA NA COPA GALICIA XCO DE PORRIÑO



Sarela Conde  remataba 2ª no tecnico circuito de Porriño , sumando asi un podium mais. En Cadetes, Ilan Rey e Lucas Outumuro entraban no top ten. 

ELITE SUB23 FEM

2ª Sarela Conde

ELITE

14º Raul Gonzalez

JUNIOR

18º Lucas Gomez

CADETE

9º Ilan Rey

10º Hugo Outumuro

INFANTIL 

20º Izan Grande

22º Lucas Outurmuro

30º Martin Gil

MASTER 30 

2º Samuel Fernandez

6 abr 2026

MINI BTT ESMELLE






Nova xornada de Mini BTT, esta vez , en Esmelle (Ferrol) onde os mais pequenos disfrutaron dunha bonita xornada .

5 abr 2026

SAUL LOPEZ E IVAN FEIJOO AS PORTAS DO PODIUM NA COPA GALICIA XCO DE ESMELLE

 



Este fin de seman desprazamonos a Esmelle onde se celebraba a 3ª das probas da COPA GALICIA XCO , coincidindo co Mini BTT, e na que a pesar de coincidir en Semena Santa, contabamos con unha boa representacion do clube. En Elite , Saul Lopez e Ivan Feijoo finalizaba as portas do podium . En Juniors, Daniel Rodrigues entraba no top ten, na mentras que en Cadetes , Ilan Rey tamen finalizaba entre os 10 primeiros . O unico podium, era en Master 30 con Samuel Fernandez como 2º

RESULTADOS

ELITE 

4º SAUL LOPEZ

5º IVAN FEIJOO

JUNIOR

9º DANIEL RODRIGUES

CADETE

6º ILAN REI

11º HUGO OUTUMURO

INFANTIL

22º LUCAS OUTUMURO

27º MARTIN GIL

M30

2º SAMUEL FERNANDEZ

M40

19º PABLO OUTUMURO