25 jul 2021

MINI BTT COMUNIDADE MONTES DE SALCEDO




Este fin de semán acudiamos a unha nova proba da tempada de Mini BTT, esta vez en Marin, no Monte Salcedo , organizada polo CC Farto. E de novo os nosos rapazes e rapazas disfrutaban dunha bonita xornada de bici, xogando xuntos e colleitando algun podium.


17 jul 2021

IRIS FERNANDEZ 6ª NO CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL XCO




Iris Fernandez colleitaba un moi meritorio 6º posto , nos Campionatos de España Escolares Infantis , celebrados en Avila, na disciplina de XCO , a onde acudia formando parte da Seleccion de Galicia. Por equipos , Galicia , colleitaba o bronce. 

11 jul 2021

CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XCO SABIÑANIGO




Non foron os millores Campionatos de España para nos,  xa que ningun dos nosos corredores rematou as carreiras. Celebrabanse no pirineo aragones, en Sabiñanigo, baixo un asfisiante calor. Asi Saul Lopez, en Categoria Elite retirabase despois de non atoparse ben en carreira acusando o calor que facia. O mesmo lle acontecia a Martin Gonzalez , na categoria Junior. 

7 jul 2021

SAUL LOPEZ CON TREK


 

Dende hoxe, Saul Lopez correrá con unha bici TREK , modelo Procaliber, grazas ao apoio recibido dende a marca, e o seu distribuidor en Ourense , a tenda de bicis , CODIGO BIKE. 

4 jul 2021

UXIO ATRIO CAMPION GALEGO CADETE DE DH -DOWNHILL DO TEA

 




Uxio Atrio proclamabase este fin de seman Campion Galego Cadete , na disciplina de DH, colleitando asi o seu primeiro titulo autonomico. Parabens Uxio.

3 jul 2021

MINI BTT DE RIBADUMIA

 





Este Sabado acudiamos a cita do Mini BTT de Ribadumia, nunha xornada intensa, na que os nosos rapazes e rapazas colleitaban varios podiums