Saul Lopez , acadaba un 8º posto absoluto na proba internacional UCI C1 celebrada en Vila Franca (Portugal) este 25 de abril. Saul realizaba unha gran carreira , entrando no top ten e sumando asi un bo numero de puntos UCI
26 abr 2024
23 abr 2024
MINI BTT DE ESMELLE
Segunda proba da tempada, a celebrada este domingo en Esmelle. De novo un bo grupo de rapazes e rapazas da Escola achegabanse a Esmelle para pasar o fin de seman, tomando parte deles no Mini DH do sabado e o domingo, xa no Mini BTT. Bos resultados e moita diversion.
ALEJANDRO GARCIA 2º JUNIOR NA COPA DE ESPAÑA XCO DE ALPEDRETE
Alejandro Garcia sumaba un podium mais na Copa de España o finalizar 2º junior na proba celebrada en Alpedrete. Gran carreira, na que sempre rodaba en posicions de cabeza, e na que finalizaba 2º .
En Cadetes , gran carreira de Marcos Rodriguez , que entraba en meta 5º . a escaso medio minuto do podium, despois de remontar durante toda a carreira.
16 abr 2024
PRIMEIRA PROBA DE MINI BTT DA TEMPADA EN
Arrancou o Mini BTT coa primeira proba da tempada, celebrada en Porriño, nun dia de moita calor.
Bonita xornada con un bo grupo da Escola , divertindose e colleitando bos resultados.
15 abr 2024
VICTORIA ABSOLUTAS PARA SAUL LOPEZ E SARELA CONDE NA COPA GALICIA XCO DE PORRIÑO . EN CADETES VICTORIA DE MARCOS RODRIGUEZ
Nunha xornada marcada pola moita calor, o que endureceu a carreira, Saul Lopez , acadaba unha victoria mais , con autoriadade, e dominando dende o principio. En Feminas a victoria era para Sarela Conde.
En Cadetes Marcos Rodriguez acadaba , tamén , a victoria. Dani Rodrigues finalizaa o 34º.
En Juniors, Nestor Frias era 5º. E en Cadetes Feminas , era 7ª.
ELITE SUB23
1º Saul Lopez
ELITE SUB23 FEM
1ª Sarela Conde
JUNIOR
5º Nestor Frias
CADETES
1º Marcos Rodriguez
34º Daniel Rodrigues
CADETE FEM
7ª Sara Alvarez
8 abr 2024
VICTORIA DE ALEJANDRO GARCIA EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL, E SAUL LOPEZ 6º EN ELITE
Gran xornada para o ACADEMIA POSTAL-A BANCA- MACEDA acadando unha victoria mais na TAÇA DE PORTUGAL , en Abrantes, con Alejandro Garcia como vencedor na categoria junior.
En Elite, gran carreira de Saul Lopez, que finalizaba 6º despois de sair no posto 35 , e marcarse unha gran remontada , quedando as portas do podium Elite.
Completaba a xornada, o 11º posto de Nestor Frias en Junior
7 abr 2024
VICTORIA PARA IVAN FEIJOO NA COPA GALICIA XCO DE BETANZOS
Arrancaba unha nova edicion da Copa Galicia de XCO , e facia co victoria de Ivan Feijoo, quen dominaba a proba con claridade, nunha xornada , na que as condicions climaticas , marcaban a proba, provocando que o circuito estivese moi embarrado. Na mesma categoria , Brais Sendin , finalizaba 12º .
En Sub 23, Hugo Alvarez quedaba as portas do podium o finalizar 4º . O mesmo na categoria Junior, onde Miguel Sotelo era 4º . En Cadetes , gran carreira de Marcos Rodriguez que finalizaba 2º , subindo o podium. En Cadete feminas Sara Alvarez finalizaba 7ª.
ELITE
1º Saul Lopez
12º Brais Sendin
SUB23
4º Hugo Alvarez
JUNIOR
4º Miguel Sotelo
CADETE
2º Marcos Rodriguez
CADETE FEM
7ª Sara Alvarez
24 mar 2024
VICTORIA PARA IVAN FEIJOO NA TRANSGALAICA DE SILLEDA
Aproveitando as "vacacions" mentras agarda pola sua praza do MIR , despois de ter superado esta proba, Ivan Feijoo retomaba os seus adestramentos , e competia este fin de seman en Silleda, onde vencia con autoriadade, amosando asi a sua gran clase, e confirmando o dito, de quen tuvo retuvo.
Ivan Feijoo, un autentico referente e exemplo, tanto no mundo da bicicleta , como no mundo dos estudios.
19 mar 2024
ALEJANDRO GARCIA 31º NA UCI JUNIOR SERIES DE MARSELLA
Unha averia no pior momento da carreira, a pouco da saída, obrigaba a Alejandro Garcia a entrar na zona técnica a trocar de roda , perdendo moitas posicións . De ahi en adiante , toda a carreira , consitiu en tratar de remontar posicións , nun circuito no que adiantar e complicado , para remantar o 31º dun total de 130 juniors.
11 mar 2024
ALEJANDRO GARCIA 2º JUNIOR , E SAUL LOPEZ 17º NA COPA DE ESPAÑA XCO DE VALLADOLID
Podium para Alejandro Garcia, 2ºen Junior, na proba da Copa de España de Valladolid, nunha carreira emocionante, que se decidia ao sprint, entre Hugo Franco e Alejandro Garcia. Nestor Frias finalizaba o 30º
En Elites Sub23, Saul Lopez, realizaba unha das suas millores carreiras, rodando toda a carreira no grupo do 7º clasificado, e cedendo na ultima volta , no apreton final, para finalizar nun moi meritorio 17º posto. Estefan Gonzalez, finalizaba o 60º.
En Cadete, moi boa carreira de Marcos Rodriguez, que saido dende atras finalizaba o 16º .
ELITE SUB23
17º Saul Lopez
60º Estefan Gonzalez
JUNIOR
2º ALEJANDRO GARCIA
33º Nestor Frias
CADETE
16º Marcos Rodriguez
5 mar 2024
BRAIS FERNANDEZ 2º SUB23 NO CAMPIONATO GALEGO DE RESISTENCIA
Brais Fernandez acadaba a 2ª posicion en Sub23 , no Campionato Galego de Resistencia celebrado este fin de seman en Naron.
Na proba por parellas cadete, na que non se optaba o titulo, era 2ª Noela Gonzalez .
VICTORIA DE ALEJANDRO GARCIA EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL DE MELGAÇO
Alejandro Garcia sumaba a sua primeira victoria da tempada de BTT, na categoria junior, na primeira das probas puntuables para a Taça de Portugal, disputada en Melgaço, no circuito que no ano que ven acollerá os Campionatos de Europa de XCo. Proba internacional, na que ademais sumaba puntos para o rankin UCI. En cadetes , estreabase , Marcos Rodriguez , que remataba as portas do podium , ao finalizar 4º .
Resultados
ELITE-SUB23
51º Hugo Alvarez
JUNIOR
1º Alejandro Garcia
25º Nestor Frias
CADETES
4º Marcos Rodriguez
28 feb 2024
UNHA CAIDA OBRIGA A RETIRADA A ALEJANDRO GARCIA NA UCI JUNIORS SERIES DE BANYOLES
Segunda cita de maximo nivel, para Alejandro Garcia , nunha semán , medindose de novo cos millores juniors mundiais. Esta vez a proba era a UCI JUNIORS SERIES DE BANYOLES, na que Alejandro , quen partia da 9ª posición na grella de saida, sufria unha caida a volta e media do final , cando pelexaba dentro do grupo do 2º clasificado, nunha gran carreira , e na que amosaba un altisimo nivel. Na proba vencia ao igual que a semán anterior en Chelva, o actual Campion do Mundo Junior, o danes , Albert Philipsen.
19 feb 2024
ALEJANDRO GARCIA 7º NA UCI JUNIORS SERIES DE CHELVA
Este fin de semana arracabamos unha nova tempada de BTT, coa participación de Alejandro Garcia , nunha proba de maximo nivel, como era a UCI JUNIOR SERIES de Chelva, o que seria o equivalente a unha Copa do Mundo Junior, e na que se daban cita os millores juniors .
Alejandro nunha gran carreira , na que pelexaba por unha posición no podium , ata casi final de carreira, entraba en meta no 7º posto, acadando asi un gran top ten, que lle reporta un bo feixe de puntos UCI , de cara ao rankin UCI . Na proba vencia o actual Campión do Mundo Junior, o danes Albert Philipsen.
Alejandro quedara esta seman concentrado coa Selección Española , en Alcoy, de cara a proba da vindeira seman en Banyoles.
16 ene 2024
SARELA CONDE E ALEJANDRO GARCIA AS PORTAS DO TOP TEN, NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA CX AMURRIO
SUB23 FEMENINAS
Sarela Conde, quedaba as portas do top ten o rematar como 11ª Sub23, na proba disputada o domingo pola maña sobre o duro circuito de Amurrio. Sarela completaba asi unha gran carreira no seu primeiro Campionato como Sub23.
JUNIORS
Alejandro Garcia 11º , na proba de juniors , nunha carreira na que saia dende 6ª fila, e remontaba rozando o Top ten. Nestor Frias , pola sua parte era o 49º.
CADETES
Martin Lopez, finalizaba o 47º ,dun total de 151 corredores, na sua primeira experiencia nun Campionato de España
TEAM RELAY
Alejandro tomaba parte o venres de tarde na proba de Team Relay ,con Galicia , finalizando 6º por equipos.
11 ene 2024
SARELA CONDE (SUB 23) E ALEJANDRO GARCIA (JUNIOR) CONVOCADOS POR GALICIA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE AMURRIO
10 ene 2024
O ACADEMIA POSTAL - A BANCA MACEDA MILLOR EQUIPO DA COPA GALICIA DE CICLOCROSS
O noso equipo o ACADEMIA POSTAL -A BANCA ven de gañar a COPA DE GALICIA POR EQUIPOS, un exito mais neste gran ano 2023 , no que , xa gañara a COPA DE GALICIA POR EQUPOR EN BTT XCO.
Para nos constitue un exito importante e bonito , acadar esta victoria, xa que supon o exito de cada un e todos os corredores e corredoras que forman parte do equipo, asi como da xente que cada carreira esta a traballar a prol do equipo, e dos rapazes , xente sin a que nada seria posible. E por todos eles polos que esta clasificación ten tanta importancia para nos.
8 ene 2024
SAUL LOPEZ (ELITE) E ALEJANDRO GARCIA (JUNIOR) CAMPIONS GALEGOS CICLOCROSS
Este domingo disputabanse en Cambre , organizada polo CC Cambre , os Campionatos de Galicia de Ciclocross, e SAUL LOPEZ, na categoria Elite, e ALEJANDRO GARCIA, en junior, acadaban sendos titulos para o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL - A BANCA .
Reseñar que ambos corredores , lograban deste xeito , no mesmo ano, ser Campions Galegos tanto en BTT XCO como en Ciclocross , nas suas categorias. Alejandro ademais ,foi Campion Galego de XCM e Campion de España de XCO, todo elo no seu primeiro ano de Junior.
Gran actuación de todos os integrantes do noso clube, que ademais destes titulos sumaban varios postos nos top ten das suas categorias.
Resultados
ELITE
1º Saul Lopez
15º Raul Gonzalez
SUB23
7º Brais Fernandez
JUNIOR
1º Alejandro Garcia
7º Nestor Frias
11º Miguel Sotelo
FEM JUNIOR
4ª Iris Fernandez
CADETE
8º Martin Lopez
26º Daniel Rodrigues
MASTER 60
3º Jose Manuel Gonzalez
Fotos : Luz Maria Iglesias
4 ene 2024
SARELA CONDE , BRAIS FERNANDEZ E IRIS FERNANDEZ GANADORES FINAIS DA COPA GALCIA
Despois da ultima proba puntuable da COPA GALICIA CICLOCROSS 2024, celebrada en Nigran , Sarela Conde, en Sub23 Fem, Brais Fernandez, en Sub 23 e Iris Fernandez , en Junior, acadaban a victoria na xeral da Copa nas suas respectivas categorias. Asi pois , triple victoria individual na Copa.
1 ene 2024
TRIPLE VICTORIA NA COPA GALICIA CX DE NIGRAN
Sarela Conde (Sub23) Iris Fernandez (Junior) e Alejandro Garcia (Junior) acadaban a victoria na ultima proba da Copa de Galicia, disputada en Nigran e organizada polo CC Coruxo, nunha xornada exitosa, para o noso equipo que ademais veia como Brais Fernandez subia o podium como 3º Sub23 .
SUB 23
3º Brais Fernandez
SUB23 FEM
1ª Sarela Conde
JUNIOR
1º Alejandro Garcia
13º Nestor Frias
JUNIOR FEM
1ª Iris Fernandez
CADETES
7º Miguel Lopez
24º Daniel Rodrigues