27 feb 2023

ALEJANDRO GARCIA 38º NA UCI JUNIOR SERIES DE BANYOLES

 



Primeira experiencia para Alejandro Garcia nunha UCI JUNIOR SERIES, na proba disputada este fin de seman en Banyoles, a onde Alejandro acudia na sua primeira carreira da tempada , na recen estreada categoria de junior. Alejandro que o nen ter puntos UCI , acudia coa seleccion española, partindo en posicions moi atrasadas, no posto 59. O dia da carreira aparecia chuvioso , e o circuito con un barro arcilloso moi complicado , polo que a organizacion decidia suprimir parte do circuito. Alejando sufria nas 2 primeras voltas ,e non lograba remontar, o atoparse moito atasco e caidas no circuito. Xa a partir de metade de carreira, comezaba a adaptarse o circuito recuperando casi cuarenta postos para finalizar 38 e con bo ritmo de carreira. 


14 feb 2023

RECOÑECEMENTO A CESAREO BORRAJO NA GALA DA FEDERACION GALEGA DE CICLISMO










 A Federación Galega de Ciclismo recoñecia , na sua gala anual, a Cesareo Borrajo, presidente do Clube Ciclista Maceda , dende 1987, como un dos imprescindibles do ciclismo galego . Cesareo, que alo polo ano 1987 reactivaba a actividade do noso clube e do ciclismo en Maceda, organizando numerosas probas de estrada durante a decada dos 90 en Maceda, entre elas, o Campioanto Galego de Fondo en Estrada, e traballando ca canteira neses anos, nos que o noso clube contaba con equipo nas categorias de Infantis, Cadetes...  na disciplina de Estrada, nunha labor altruista e da que saliron numerosos rapazes ciclistas. Cesareo non podia acudir a gala , por motivos de traballo , pero agradecia o xesto da Federación. 

Na mesma Gala , facianse entrega os vencedores dos rankings nas diferentes disciplinas, facendoselle entrega dos premios a Iris Fernandez (CX Femina Cadete), Sarela Conde (CX Femina Junior) Andrea Garcia (XCO Sub23) Alejandor Garcia ( XCO Cadete formando parte do CC Carballiño)  Jose Manuel Gonzalez (XCO M60) e Hugo Alvarez (XCM Junior) .