25 jul 2016
VICTORIA DE NOELA SAA NO MINI BTT DE BETANZOS
Nunha nova xornada de Mini BTT ,esta vez na localidade coruñesa de Betanzos, os corredores e corredoras da Escola JA Hermida, compretaban unha boa xornada , con varios podiums, e a victoria de Noela Saa en Infantis. Tamen subian o podium, Marco Nube, en Infantis, Sarela Conde en Alevins, Sara Alvarez en Promesas e Airas Vazquez en Prebenxamins. Foron un total de 21 os corredores da nosa Escola que ata Betanzos se desprazaron. Ao remate da carreira poideron disfrutar dunha xornada de piscina e paseo polo parque do Pasatempos.
20 jul 2016
BALANCE CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT: IVAN FEIJOO (JUNIOR) 2º CARLOS CANAL (CADETE) 2º ANTIA MARTINEZ (CADETE) 4º SAUL LOPEZ (ELITE) 10º ROMAN SAA (JUNIOR) 10º
Casi ca temporada de BTT acabada ,e pasados xa os Campionatos de España de BTT , tanto nas categorias absolutas como nas escolares, o balance para o ACADEMIA POSTAL -ACTYON non pode ser millor.
Asi nos Campionatos de España celebrados en Merida , Carlos Canal era subcampion de España Cadete e Antia Martinez 4ª . Ademais , Antia , xunto co resto de integrantes da Seleccion de Galicia acadaba a medalla de bronce por equipos.
Nos Campionatos de España Absolutos de Maceda, Ivan Feijoo era subcampion en Junior, e Roman Saa 10º . En elite , Saul Lopez era 10º. En feminas Sub23 Xiana , era 6º. Ademais en Ivan Feijoo , formando parte da Seleccion de Galicia, era prata na proba de Team Relay.
PABLO RODRIGUEZ (MMR) BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ELITE E SAUL LOPEZ 10º
Destacar tamen o moitisimo publico achegado a Maceda para presenciar esta e todos os campionatos de España. Cerca de 5000 persoas presenciaron en directo a proba de Elite..
18 jul 2016
IVAN FEIJOO SUBCAMPION DE ESPAÑA DE BTT JUNIOR E ROMAN SAA 10º
17 jul 2016
ESPECTACULAR PROBA DE ELIMINATOR NO CENTRO DE MACEDA
Na xornada do sabado , nos Campionatos de España de BTT, tocaballe o turno os Master , pola maña.
Asi as 9:15 o turno foi para os Master 40, 50 , 60 e as 11:30 os Master 30.
Galicia , estivo a piques de alcanzar medalla en Master 50, por medio de Javier de la Fuente, que sufria unha caida cando marchaba lider da proba.
Pola tarde , o turno era para a proba de Eliminator , para o que noso clube tiña diseñado un circuito urban polo centro de Maceda. E resultou realmente espectacular, con moito publico as beiras do circuito , e moita animacion. Ao final as victorias foronse para Cataluña . Gerard Alvarez fixose coa victoria en homes e Magda Duran en Feminas.
16 jul 2016
GALICIA PLANTA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE TEAM RELAY DE MACEDA
13 jul 2016
PRESENTADO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT XCo XCe TR DE MACEDA
Esta maña ,presentabase no Centro Cultura Marcos Varcalcel, o Campionato de España de BTT de Maceda, nun acto que contaba coa presencia de Jose Manuel Baltar (presidente da Deputacion de Ourense, principal patrocinador do evento) de Jose Manuel Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Carlos Muñiz, Presidente da Federacion Galega de Ciclismo, Pablo Rodriguez Guede e Xulio Conde. Os Campionatos comezaran o venres 15 e duraran ata o domingo 17.
11 jul 2016
SEIS PODIUMS NO MINI BTT DE SANXENXO
A Escola de Ciclismo JA Hermida, acadaba este fin de semana varios podiums, na proba de Sanxenxo, organizada polo CC Corbelo. Asi en Infantis , Marco Nube era 5º, na mentras que Aida Gonzalez era 3ª. En Alevins, Sarela Conde era 4º, na mentras que en promesas, Hugo Gonzalez era 3º. En principiantes a victoria era para Sara, na mentras que en prebenxamins, Airas Vazquez era 5º.
VICTORIA DE BREOGAN DIZ EN INFANTIS
Breogan Diz vencia na proba para escolas, na categoria infantil, na carreira disputada en Cangas , na maña do domingo, sumando asi a sua primeira victoria nesta categoria.
10 jul 2016
CARLOS CANAL SUBCAMPION DE ESPAÑA CADETE E ANTIA MARTINEZ 4º
Carlos Canal acadaba nunha xornada extremadamente calurosa en Merida, o subcampionato de España de BTT na categoria cadete, nunha carreira dura, pola calor, e na que Carlos comandaba a carreira xa dende o inicio da mesma. Pero o calor pasaballe factura, e o final veiase superado na ultima volta polo Catalan Alex Martin. Deste xeito Carlos, entraba en meta segundo, pero con un golpe de calor , o que provocou que tivera que ser atendido polos servizos médicos, ao igual que moitos dos participantes.
Na carreira de Feminas, Antia Martinez, completaba unha gran carreira e finalizaba 4ª, despois de facer unha carreira de menos a mais e remontando volta a volta. Antia , a sua vez, acadaba a medalla de bronce, por equipos, xunto co resto de integrantes da seleccion de Galicia.
7 jul 2016
PABLO RODRIGUEZ GUEDE (MMR) 10º CAMPIONATO DO MUNDO ELITE!!!
O corredor macedan do MMR, Pablo Rodriguez, que tan gran tempada esta a realizar , no seu primeiro ano na categoria Elite, despois de ter sido un dos millores Sub23, conseguia onte, en Nove Mesto, un grandisimo Top Ten , que os situa entre Elite Mundial do BTT. Grandisimo resultado para un corredor que ano a ano sube un escalon mais, e xa esta pelexando entre os millores. Pablo , que sai no posto 35 , remontaba volta a volta , e situabase a falta de 2 voltas entres os 10 primeiros. O final finalizaba 10!!! un grandisimo resultado. Jose Antonio Hermida , entraba en meta, xusto detras de Pablo ,finalizando 11.
EXITOSA XORNADA NO MINI BTT DE MONTE VIXIADOR EN VIGO
VICTORIAS DE SAUL LOPEZ, ABEL FRANCO , CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO OPEN GALEGO DE OLEIROS
De novo , exitosa xornada , para o noso clube, esta vez na proba do Open Galego de BTT XC, en Oleiros, onde se sumaban 4 victorias. Destacar a victoria absoluta de Saul Lopez, que amosaba o seu moi bo momento de forma de cara os Campioantos de España. Tamen vencia Abel Franco en juniors, con Roman Saa como 2º. Carlos Canal, sumaba unha victoria mais en Cadetes, o igual que Antia Martinez. Destacar tamen o 2º posto de Marcos Villar en Sub23. Con estes resultados, tanto Roman Saa, Carlos Canal e Antia Martinez, siguen como lideres do Open.
3 jul 2016
IVAN FEIJOO 49 NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE BTT XCO EN NOVE MESTO
Ivan Feijoo finalizaba o 49 nos Campionaotos do Mundo de BTT , celebrados na localidade checa de Nove Mesto . Ivan partia ca ilusion de facer unha boa carreira, pero xa a partir da primeira volta , percibia que non iba ser o seu dia, Ainda asi, pelexaba ata o final, nun circuito espectacular , e a vez moi duro, e finalizaba o 49. Hai que contar que e a primeira experiencia mundialista para Ivan, na disciplina de BTT. Este resultado , non empaña para nada a sua grandisma tempada, na que esta a conseguir exito tras exito. A vindeira cita, sera en casa, nos Campionatos de España de BTT XCO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)