30 dic 2019

SAUL LOPEZ E NOELA SAA CAMPIONS GALEGOS DE CICLOCROSS






Saul López conseguia a victoria no Campionato Galego de Ciclocross na categoria Elite, renovando asi o titulo que xa obtivera o pasado ano. Saul domiñaba a carreira xa dende casi a primeira volta, na que decidia marcar o seu ritmo, entrnado en meta con unha ventaxe clara sobre o segundo clasificado.
Noela Saa , tamén se proclamaba Campiona Galega, na categoria junior, na que a sua compañeira de equipo, Aida González subia tamén o podium finalizando 3ª.
Andrea García acadaba o Subcampionato na categoria de Sub23 e Sarela Conde acadaba a medalla de bronce na Categoria Feminas Cadete. Asi pois, moi bo balance para o ACADEMIA POSTAL-MACEDA con dou Campionatos, un Subcampionato e dous bronces , nos Campionatos Galegos de Ciclocross 2019-20.

20 dic 2019

APLAZADO POR ALARMA DE TEMPORAL O XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX

Vemonos na obriga de aprazar a proba XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX , debido a Alarma Laranxa , decretada pola XUNTA DE GALCIA para este sábado e domingo, o cal imposibilita a celebración da proba.
Dita proba trasladase para o vindeiro 5 DE XANEIRO DE 2020.
Sentimos as molestias ocasionadas.

18 dic 2019

XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA - COPA DEPUTACION DE OURENSE - COPA GALICIA CX


O vindeiro 22 de decembro, celebrase en MACEDA , a partir das 10:00 horas o XII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA , proba da COPA DEPUTACION DE OURENSE , e ultima proba puntuable para a COPA GALICIA DE CX. Na proba que se celebra nos xa clásico circuito do Castelo de Maceda, agardase a participacion de 300 corredores e corredoras pertencentes aos mais de 60 equipos que se agarda que se acheguen a Maceda.

16 dic 2019

SAUL LOPEZ 2º NA COPA GALICIA DE BETANZOS E TRES VICTORIAS PARA O NOSO EQUIPO







Gran xornada para os nosos rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-A ABANCA , na matinal do domingo, con Saul Lopez finalizando 2º absoluto, nunha moi boa carreira, nun circuito complicado e con moito barro. Pero non so Saul completaba unha gran carreira, xa que Andrea García pelexaba casi ata o final pola victoria absoluta en Feminas , entrando en meta como primeira Sub23, e completando asi un moi bo fin de seman.
En juniors ,gran victoria de Braís Fernandez, que acadaba así a súa primeira victoria na súa carreira deportiva, e realizando unha gran carreira, destacandose xa dende a primeira volta e abrindo oco cos seus rivais a cada paso por meta. En Feminas Junior, a victoria era para Noela Saa, que tamén realizaba unha moi boa carreira.
En Cadetes , Hugo Álvarez quedaba as portas do podium entrando en meta 4º , estando a un moi bo nivel. En Feminas Cadete, Sarela Conde era 5ª .
Asi pois moi bo balance para os nosos rapazes e rapazas nun día de moito moito barro.

COPA GALICIA CICLOCROSS CARRAL



Este sábado disputabase unha nova cita da Copa Galicia de Ciclocross, na localidade coruñesa de Carral. Nunha tarde chuviosa e nun circuito con moito barro, os nosos rapazes/as completaban boas carreiras. Destacar a gran carreira de Andrea García , que finalizaba 2ª Sub23 (3ª na xeral final) .
En Juniors, Marco Nube finalizaba 4º e Brais Fernández 5º , amosando ambos un moi bo nivel, nun circuito complicado. En Cadetes, Hugo Álvarez finalizaba 5º , cada vez maís cerca do podium, e Sarela Conde era 4ª a un gran nivel.

7 dic 2019

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ E NOELA SAA NA COPA GALICIA CX DE BOIRO






Saul Lopéz sumaba unha victoria mais na Copa Galicia de CX, esta vez en Boiro, afianzandose como lider da mesma. Non era a unica victoria para o noso equipo  ACADEMIA POSTAL -A BANCA - MACEDA, xa que en Feminas Junior chegaba o doblete , con Noela Saa 1ª e Aida González 2ª nunha gran carreira de ambas. En Juniors, Brais Fernández acadaba o seu primeiro podium , sendo 3º .Tamén subia o podium, Andrea García , 2ª en Feminas Sub 23. Non subían o podium pero realizaban grandes carreiras, Sarela Conde, 4ª en Feminas Cadete, Marco Nube 6º en Junior e Hugo Álvarez 10º en Cadetes.
Exitosa xornada pois para a nosa canteira

1 dic 2019

SAUL LOPEZ 9º NA COPA ESPAÑA CX PONTEVEDRA




Este domingo disputabase en Pontevedra unha nova cita da Copa de España de CX, esta vez no mesmo circuito que no mes de Xaneiro vai acoller os Campionatos de España . Os/as nosos/as corredores estaban a un moi bo nivel acadando os seguintes resultados:

9º Elite : Saul Lopez
6ª Femina Sub23 : Andrea Garcia
13º Junior : Marco Nube
15º Junior : Brais Fernandez
5ª Fem Junior : Noela Saa
9ª Fem Junior: Aida González
19º Cadete : Hugo Alvarez
31º Cadete: Breogan Perez
13º Fem Cadete : Sarela Conde