26 nov 2013

VICTORIAS DE IVAN FEIJOO (CADETES) E XIANA CONDE (FEM JUNIOR) NO CX DE SANTIAGO


O domingo, 24 celebrouse en Santiago o XII Trofeo de Ciclocross de Santiago , organizado polo CC Compostelano, proba incluida no calendario estatal de Ciclocross. A xornada foi de novo moi positiva para @s integrantes do noso clube, acadando 2 victorias a de IVAN FEIJOO en Cadetes, e a de XIANA CONDE, en Feminas Junior. Ademais, ROMAN SAA foi 3º en Cadetes e RAUL GONZALEZ, 3º en Juniors. Jose Manuel Gonzalez foi 3º en M 50. Asi pois, unha gran xornada para a canteira macedán do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, que tan boa tempada esta a facer dentro do calendario galego de ciclocross.

17 nov 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO, E ROMAN SAA 2º EN CADETES NO CX DE O ROSAL. XIANA 2ª EN JUNIORS


Onte comezou en O Rosal a tempada galega de CX, nunha xornada soleada e primaveral, e na que os nosos tiveron unha actuacion moi destacada. Asi, en Cadetes, IVAN FEIJOO e ROMAN SAA , domiñaban a carreira, estando a un gran nivel , rematando 1º e 2º , e acadando asi , un bonito doblete. XIANA CONDE , era 2ª en Juniors. RAUL GONZALEZ, era 4º en juniors, entrando o sprint con 3º, e realizando tamén unha gran carreira. O ultimo podium da xornada chegaba en Master 40 con Xulio de 2º. Asi pois gran arranque de tempada para o noso clube, en Galicia.

12 nov 2013

IVAN 15º, RAUL 14º E XIANA 7ª EN ELORRIO


Este domingo disputouse en Elorrio, a 4º proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross. As condicions da carreira foron de autentico ciclocross, con barro e auga, o que endureceron a carreira. Os nosos, estiveron a un bo nivel, asi en Cadetes, IVAN FEIJOO, que tan ben se esta adaptando a esta disciplina no seu primeiro ano, era 15º, nunha carreira accidentada, despois de ter sufrido unha dura caida a poucos metros da saída , que provocou que quedara ultimo e tivera que ir recuperando toda a carreira. Pero non so foi a caida, si non que ademais sufria un pinchazo a metade de carreira. Ao final un meritorio 15º posto. En Juniors RAUL GONZALEZ , tamén realizaba unha boa carreira e finalizaba o 14º. XIANA CONDE era 7ª en Feminas Junior. En Master 40 Xulio Conde era o 19º e en Master 50 Jose Manuel tamén era o 19º.

5 nov 2013

DOBRE CITA DA COPA FEDERACIONES EN LLODIO E MUSKIZ

IVAN FEIJOO 9º EN LLODIO, O  MAIS DESTACABLE.






Este fin de seman, houbo dobre cita da COPA FEDERACIONES DE CX, en terras de Euskadi. O sabado 2, a cita era en Llodio, nun circuito seco, e cun dia soleado e de calor. Ata ala se desprazou unha ampla expedicion do noso clube , entre corredores e familiares. En cadetes, Ivan Feijoo, amosou o ben que se vai adapatando a esta disciplina e na sua segunda carreira de CX, e como cadete, remataba 9º . Roman Saa era o 31º. En juniors , Raul Gonzalez era o 24º, e en feminas junior Xiana Conde era a 8ª. En Master 40 Xulio era 21º e Antonio Saa 43º, na mentras que J. Manuel era o 27º en master 50 . Destacar os casi 400 corredores que tomaron parte nesta proba que foi presenciada por numerosisimo publico.
O domingo 3, a cita foi en Muskiz, organizada polos nosos amigos do Mendiz Mendi. A choiva caida durante a noite, embarrou o circuito. A maña presentouse soleada pero o circuito con barro. En Cadetes Ivan Feijoo voltaba a realizar unha gran carreira, rematando o 17º , despois de ter sufrido un par de caidas cando rodaba o 11º. Roman Saa finalizaba o 40º. En Juniors Raul tamén estaba a un bo nivel e era o 23º. Xiana Conde era a 10ª na categoria de Feminas Junior. En M40 Xulio era o 19º, Antonio Saa o 47º, e en M50 Jose Manuel o 26º.
A vindeira cita, o proximo fin de seman en Elorrio.