5 nov 2013

DOBRE CITA DA COPA FEDERACIONES EN LLODIO E MUSKIZ

IVAN FEIJOO 9º EN LLODIO, O  MAIS DESTACABLE.






Este fin de seman, houbo dobre cita da COPA FEDERACIONES DE CX, en terras de Euskadi. O sabado 2, a cita era en Llodio, nun circuito seco, e cun dia soleado e de calor. Ata ala se desprazou unha ampla expedicion do noso clube , entre corredores e familiares. En cadetes, Ivan Feijoo, amosou o ben que se vai adapatando a esta disciplina e na sua segunda carreira de CX, e como cadete, remataba 9º . Roman Saa era o 31º. En juniors , Raul Gonzalez era o 24º, e en feminas junior Xiana Conde era a 8ª. En Master 40 Xulio era 21º e Antonio Saa 43º, na mentras que J. Manuel era o 27º en master 50 . Destacar os casi 400 corredores que tomaron parte nesta proba que foi presenciada por numerosisimo publico.
O domingo 3, a cita foi en Muskiz, organizada polos nosos amigos do Mendiz Mendi. A choiva caida durante a noite, embarrou o circuito. A maña presentouse soleada pero o circuito con barro. En Cadetes Ivan Feijoo voltaba a realizar unha gran carreira, rematando o 17º , despois de ter sufrido un par de caidas cando rodaba o 11º. Roman Saa finalizaba o 40º. En Juniors Raul tamén estaba a un bo nivel e era o 23º. Xiana Conde era a 10ª na categoria de Feminas Junior. En M40 Xulio era o 19º, Antonio Saa o 47º, e en M50 Jose Manuel o 26º.
A vindeira cita, o proximo fin de seman en Elorrio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario