14 feb 2023

RECOÑECEMENTO A CESAREO BORRAJO NA GALA DA FEDERACION GALEGA DE CICLISMO










 A Federación Galega de Ciclismo recoñecia , na sua gala anual, a Cesareo Borrajo, presidente do Clube Ciclista Maceda , dende 1987, como un dos imprescindibles do ciclismo galego . Cesareo, que alo polo ano 1987 reactivaba a actividade do noso clube e do ciclismo en Maceda, organizando numerosas probas de estrada durante a decada dos 90 en Maceda, entre elas, o Campioanto Galego de Fondo en Estrada, e traballando ca canteira neses anos, nos que o noso clube contaba con equipo nas categorias de Infantis, Cadetes...  na disciplina de Estrada, nunha labor altruista e da que saliron numerosos rapazes ciclistas. Cesareo non podia acudir a gala , por motivos de traballo , pero agradecia o xesto da Federación. 

Na mesma Gala , facianse entrega os vencedores dos rankings nas diferentes disciplinas, facendoselle entrega dos premios a Iris Fernandez (CX Femina Cadete), Sarela Conde (CX Femina Junior) Andrea Garcia (XCO Sub23) Alejandor Garcia ( XCO Cadete formando parte do CC Carballiño)  Jose Manuel Gonzalez (XCO M60) e Hugo Alvarez (XCM Junior) .







No hay comentarios:

Publicar un comentario