18 abr 2026

O GRAN CAMIÑO RENDIA HOMENAXE O CC MACEDA NA ETAPA DE XINZO A XUNQUEIRA





O Gran Camiño homenaxeaba o noso clube con sendos actos  ao remate da etapa que saia en Xinzo de Limia e remataba no Alto de Meda en Xunqueira, e que pasaba por Maceda. 

Ao remate da proba , a organizacion do evento facia entrega dunha placa e un Carballo pola labor do clube nestes anos. 

Despois dirixianse a Niñodaguia onde, no monolito que esta a pe de estrada, e no que se lembra do corredor do noso clube falecido no ano 1971, Jose Gonzalez Doniz , e faciase entrega duns ramos de flores, nun acto con xente do clube e a familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario