19 dic 2011
DAVID 3º EN JUNIORS NO CICLOCROSS DE PORRIÑO
Onte domingo, celebrouse nas instalacións municipais do Velodromo de O Porriño , e organizado polo CC Spol o 35º Trofeo de Ciclocross Vila de Porriño. A maña presentabase moi fria, con temperaturas , que apenas subían dos 3 grados. As 10 horas dábase a saída as categorías dos Cadetes e das Feminas. En cadetes, Raul Gonzalez , Sergio Movilla e Ruben Garcían tomaban a saída. Raul e Sergio, que estan a correr as súas primeiras carreiras na especialidade de CX , cumprían , e remataban nos postos 12º e 13º respectivamente. Rubén , era o 15º na súa volta a competición. En Feminas, Xiana Conde, completaba unha boa carreira, xa que sendo cadete de 1º ano, tiña que competir coas Elite, sendo 7ª , e 1ª Cadete. Na carreira de Master , Xulio era 8º. En Junior , David Rodriguez e Marcos Villar, pelexaban por un posto no podium, e completaban unha gran carreira. Asi David era 3º , subindo o podium por primeira vez nesta tempada; Marcos , quedaba as portas e era 5º finalmente. En Elite , Saul López, estaba a completar unha moi boa carreira, xa que a falta de 3 voltas para o final , ia 4º , cando unha averia na sua bici, facíalle perder moitas posicións para rematar finalmente o 10º.
A vindeiria cita, son os Campionatos Galegos, que serán o próximo sábado, en Santiago de Compostela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario