22 dic 2011
ESTE SABADO , CAMPIONATOS GALEGOS DE CICLOCROSS EN SANTIAGO
Este sábado 24, chega unha das citas importantes, os Campionatos Galegos de Ciclocross, que este ano celebraranse na capital de Galicia, Santiago de Compostela, a partires das 10:30, hora a que comenza a carreira de Cadetes e Feminas. As 11:15 sera o turno para para Juniors, Masters e Seniors e as 12:00 a carreira de Elite e Sub 23. O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, tentará voltar a Maceda con algún podium, ou titulo. Seran un total de 9 os corredores do clube macedán os que acudan a estes Campionatos. As opcións de podium son Ivan Conde en Cadetes, Xiana Conde en Feminas Cadetes, David Rodriguez en Juniors e Saul Lopez en Sub 23. Destacar a ausencia de Marcos Villar, que se atopa de baixa , despois de ter fracturado o femur esta semán. Toda a familia do CC Maceda, tentará rendir homenaxe a este xoven corredor junior que tantas alegrias lle ten dado ao noso clube, tentando adicarlle algunha victoria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario