12 dic 2011
A COPA DE ESPAÑA DE CX REMATOU COA PROBA DE ALCOBENDAS
Onte remataba na localidade madrileña de Alcobendas unha nova edición da Copa de España de Ciclocross.
A maña presentabase fría pero sin choiva. O circuito estaba moi resbaladizo, sobre todo para as primerias carreiras, polas choivas caidas da noite. A xornada comezaba cedo, as 9 da mañan, e remataria case que as 3 da tarde coa imposición dos maillots de vencedores finais. Un total de 5 foron as carreiras que se disputaron.
En Cadetes, Ivan Conde , acudía coa intencion de estar novamente perto dos 5 primeiros, pero non tivo o seu día e o final remataba nunha discreta 18ª posición. En Feminas, Xiana Conde quedaba a porta do podium , e remataba 4ª. En juniors, Marcos Villar que viña de facer unha gran carreira o xoves en Pte Viesgo, rodaba entre os 10 primeiros a falta de 2 voltas , pero o final remataba o 12º, un bo posto para un corredor que viu moi retrasada a súa preparación por unha inoportuna lesión a comezo de tempada , pero que pouco a pouco vaise situando entre os millores juniors , no seu primer ano na categoría. David Rodriguez era o 15º , voltando a recuperar parte do seu nivel que amosou no comezo da tempada.
Con estos postos, Ivan Conde rematou 10º na xeral da Copa de España Cadete, Xiana Conde 6ª, Marcos Villar 11º e David Rodriguez 16º. Agora , os xovens corredores macedáns centraran os seus esforzos no calendario galego, nas tres próximas semáns, xa que estamos as portas da celebración dos Campionatos Galegos de Ciclocross que teran lugar dentro de 2 semáns.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario