9 dic 2011

MARCOS VILLAR 5º NA COPA DE ESPAÑA DE PUENTE VIESGO

Este xoves celebrouse na localidade cantabra de Puente Viesgo a 3ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross. Nun circuito , que xa tiña acollido en anos anteriores a Copa de España, resbaladizo, e algo de barro, a xornada para os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MERIDA foi dispar; asi na categoria de Cadetes, Ivan Conde , era o 10º apesares de non ter un bo dia, pero mantendose ahi no top ten nunha proba a nivel estatal. Raul Gonzalez e Sergio Movilla, acudían por primeira vez a unha cita deste nivel, e cumprian. En Feminas , Xiana Conde rompia a cadea ao pouco da saída téndose que retirar. En Elite-Sub23 Saul Lopez, era o 29, pero ao final da proba manifestaba que non se atopara comodo na carreira e no circuito, pero aínda asi era o 11º entre os Sub 23. En juniors David Rodriguez , non tiña o seu día e remataba o 27º. Ao que si lle saía unha gran carreira era a Marcos Villar, que proba a proba vai atopandose millor , no seu primer ano como junior , e onte quedaba 5º , moi perto do podium , xa que escasos 14" eran os que lle separaban do 2º posto.
A  seguinte e o ultima cita da Copa de España será este domingo na localidade madrileña de Alcobendas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario