31 dic 2012
XIANA 7ª NO SUPERPRESTIGO DE PUENTE VIESGO
Este sábado remataba na localidade cantabra de Puente Viesgo, o Superprestigio de CX . A representación do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA corría a cargo de Xiana Conde, na categoria de Feminas Cadete, na que remataba no 7º lugar.
24 dic 2012
36º TROFEO DE CICLOCROSS VILA DE PORRIÑO
Este domingo, celebrouse a 36 edicion do Trofeo Vila de Porriño de Ciclocross, estreando circuito no Parque do rio Louro, polo que este ano non se celebrou no tradicional circuito do Velodromo.
A maña comezaba ca carreira de Cadetes e Feminas. En Cadetes, o representante do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , era Roman Saa, que carreira a carreira vai amosando, como se vai afacendo ao ciclocross, nesta sua primeira temporada nesta especialidade. Entraba en meta no 8º lugar, pero cada vez mais perto da cabeza da carreira. En Feminas Cadete, Xiana Conde estaba de novo no podium, e era 3ª , nunha carreira na que se viu superada ademais de por Desiree Duarte, por Irene Trabazos. En juniors, Raul Gonzalez ,realizaba tamen unha gran carreira, sendo 7º na meta , pero entrando practicamente no mesmo tempo que o 5º. Tanto Raul, como Roman, sufriron sendas caidas.
Completaban a participacion macedán, os Master, con Xulio 9º, Antonio Saa 16º en M40 e Jose Manuel Gonzalez 4º en M50
18 dic 2012
V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA
PODIUMS DE XIANA, XULIO E JOSE MANUEL
Este sábado, día 15, organizamos en Maceda, o V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, nos arredores do Castelo de Maceda. Despois duns dias previos de moita auga e temporal, a tarde presentouse, sen choiva, e o circuito practicamente seco e moi rápido. A participación foi alta , xa que a parte dos galegos habituais do calendario galego, estiveron corredores/as chegados de Portugal, Asturias, Zamora...
En canto ao público, tamén foi numeroso, o que ven confirmar que esta proba vaise convertindo como unha proba tradicional xa no calendario galego.
A primeria carreira en celebrarse , foi a de Feminas, en todas as categorias , e a de Cadetes. En feminas, a participación foi mais alta do habitual, xa que casi 15 rapazas tomaron a saida. A vencedora en Elite foi a actual campiona de España, Isabel Castro, en Juniors , a corredora de Cambre, Lorena Sanin, e en Feminas Cadete, a tamen campiona de España, Desiree Duarte. Destacar a 2ª posicion da corredora local, XIANA CONDE, na categoria de Feminas Cadete.
En Cadetes, o vencedor foi o corredor de Coruxo, Daniel Piñeiro, co corredor local , ROMAN SAA, en 10º lugar, despois de ter sufrido un pinchazo.
A seguinte carreira, foi a de Master. En Master 30 , vencia o corredor do Spol , e actual campión de España, José Rodriguez, co local J.MANUEL VAZQUEZ 12º. En Master 40 vencia o actual campión de Portugal, Antonio Sousa, co local XULIO CONDE, 3º, e ANTONIO SAA 11º. En Master 50 vencia Valeriano Carrera, co local J.MANUEL GONZALEZ 3º.
A ultima carreira en tomar a saida, era a de Elite-Sub23. Vencia na carreira o corredor de Salavaterra , Mauro Gonzalez. En Sub23, vencía o corredor local PABLO RODRIGUEZ (Hirumet), no que era a sua unica particpacion en CX , nesta temporada, e realizando unha gran carreira, diante do seu publico. IAGO SAA era o 17º. En juniors vencia nunha bonita carreira, resolta o sprint, o corredor do Spol , Angel Diz. O local RAUL GONZALEZ, era 5º despois de completar a sua millor carreira nesta sua 1ª tempada na categoria de Juniors. SERGIO MOVILLA era 14º.
Asi pois boa actuacíón dos integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA na súa carreira.
Destacar , tamén , que durante a carreira os máis peques da ESCOLA JA HERMIDA, puideron disfrutar dunha zona de Trial, montada por Pablo Atrio.
Con esta carreira , o CC Maceda, pecha as actividades organizativas neste ano 2012 , no que estivo a conmemorar o seu 25 aniversario.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1086_Clasificaci%C3%B3n.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5822573016201347665
Fotos de Luis Prado:
https://plus.google.com/photos/102642082525240937032/albums/5822302492399898353?banner=pwa
Este sábado, día 15, organizamos en Maceda, o V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, nos arredores do Castelo de Maceda. Despois duns dias previos de moita auga e temporal, a tarde presentouse, sen choiva, e o circuito practicamente seco e moi rápido. A participación foi alta , xa que a parte dos galegos habituais do calendario galego, estiveron corredores/as chegados de Portugal, Asturias, Zamora...
En canto ao público, tamén foi numeroso, o que ven confirmar que esta proba vaise convertindo como unha proba tradicional xa no calendario galego.
A primeria carreira en celebrarse , foi a de Feminas, en todas as categorias , e a de Cadetes. En feminas, a participación foi mais alta do habitual, xa que casi 15 rapazas tomaron a saida. A vencedora en Elite foi a actual campiona de España, Isabel Castro, en Juniors , a corredora de Cambre, Lorena Sanin, e en Feminas Cadete, a tamen campiona de España, Desiree Duarte. Destacar a 2ª posicion da corredora local, XIANA CONDE, na categoria de Feminas Cadete.
En Cadetes, o vencedor foi o corredor de Coruxo, Daniel Piñeiro, co corredor local , ROMAN SAA, en 10º lugar, despois de ter sufrido un pinchazo.
A seguinte carreira, foi a de Master. En Master 30 , vencia o corredor do Spol , e actual campión de España, José Rodriguez, co local J.MANUEL VAZQUEZ 12º. En Master 40 vencia o actual campión de Portugal, Antonio Sousa, co local XULIO CONDE, 3º, e ANTONIO SAA 11º. En Master 50 vencia Valeriano Carrera, co local J.MANUEL GONZALEZ 3º.
A ultima carreira en tomar a saida, era a de Elite-Sub23. Vencia na carreira o corredor de Salavaterra , Mauro Gonzalez. En Sub23, vencía o corredor local PABLO RODRIGUEZ (Hirumet), no que era a sua unica particpacion en CX , nesta temporada, e realizando unha gran carreira, diante do seu publico. IAGO SAA era o 17º. En juniors vencia nunha bonita carreira, resolta o sprint, o corredor do Spol , Angel Diz. O local RAUL GONZALEZ, era 5º despois de completar a sua millor carreira nesta sua 1ª tempada na categoria de Juniors. SERGIO MOVILLA era 14º.
Asi pois boa actuacíón dos integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA na súa carreira.
Destacar , tamén , que durante a carreira os máis peques da ESCOLA JA HERMIDA, puideron disfrutar dunha zona de Trial, montada por Pablo Atrio.
Con esta carreira , o CC Maceda, pecha as actividades organizativas neste ano 2012 , no que estivo a conmemorar o seu 25 aniversario.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1086_Clasificaci%C3%B3n.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5822573016201347665
Fotos de Luis Prado:
https://plus.google.com/photos/102642082525240937032/albums/5822302492399898353?banner=pwa
10 dic 2012
9 dic 2012
XXXVI TROFEO HORACIO BARROS DE CICLOCROSS
Este domingo celebrouse na localidade de Mosende, o XXXVI Trofeo Horacio Barros de Ciclocross, unha proba clásica no calendario galego a que se celebra nun circuito que xa ten albergado os Campionatos de España. A maña estaba fria , pero soleada, e o circuito rápido e seco, presentado algunha variación con respeto a os anos anteriores.
A primeria proba era de Cadetes, con Roman Saa, que realizaba unha boa carreira finalizando o 10º.
En Master, destacar o novo podium colleitado por J. Manuel Gonzalez en M50 finalizando 3º. Antonio Saa era o 15º en M40. Xulio no finalizaba a proba por unha caida.
Na proba que pechaba a xornada, a de Junior e Elite, tomanban parte, Raul Gonzalez e Sergio Movilla.
Raul Gonzalez, a pesares dalgunha caida, era o 7º , na mentras que Sergio era o 12º.
8 dic 2012
SUPERPRESTIGIO CICLOCROSS ITSASONDO
O sábado 9 de decembro celebrouse na localidade vasca de Itsasondo a penultima proba puntuable para o Superprestigio de Ciclocross, da RFEC. A xornada amenceu chuviosa , e fria, polo que o circuito foi acumulando moito barro ,o que endureceu moito as diferentes carreiras. A representacion macedán nesta cita corria a cargo da Xiana Conde, na categoria de Feminas Cadete e de Xulio en Master 40. A saída da proba das Feminas foi as 11 horas. O circuito estaba moi duro, polo abundante barro e despois de terse disputado xa sobre el 2 carreiras. Xiana, realizou unha boa carreira entrando 7ª en meta , a 51 segundos do podium.Xulio rematou o 14º na sua categoria.
7 dic 2012
VICTORIA DE XIANA NO XXV CICLOCROSS DE BOIRO
RAUL GONZALEZ 6º JUNIOR
Xiana Conde 1ª en Feminas Cadete |
O junior Sergio Movilla |
Onte domingo ,celebrouse na vila de Boiro, no entorno do paseo marítimo o XXV Ciclocross de Boiro. A carreira estivo marcada pola choiva que acompañou durante todas as carreiras, provocando que o circuito estivese embarrado e con auga, o que endurecia as carreiras. A primeria carreira en celebrarse , foi a de Cadetes e Feminas. Na categoria de Feminas Cadete, Xiana Conde colleitaba unha nova victoria, vencendo nunha proba moi disputada a mariñense Irene Trabazo. Na proba masculina, Roman Saa era o 11º. A seguinte carreira era a de Masters. En Master 50 Jose Manuel Gonzalez ,subía o podium sendo 3º. En Master 40 Xulio Conde era 10º e en Master 30 Jose Manuel Ramos era 13º. A ultima proba en disputarse era a de Elite Junior. Os representantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA eran Raul Gonzalez e Sergio Movilla. Raul , realizaba unha gran carreira rematando o 6º entre os juniors, e Sergio, finalizaba o 18º. A vindeira cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA sera maña sábado na localidade vasca de Itsasondo donde se celebra unha nova proba do Superprestigio, en concreto a penultima.
Fotos de Luz Maria Iglesias
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5818862502098006417?banner=pwa
2 dic 2012
XIANA VENCE NO XI CICLOCROSS DE MARIN
MARCOS VILLAR VOLVEU DE NOVO A COMPETICON
Hoxe, nunha maña fria, e no Lago Castiñeiras, o CC Marin, organizaba o XI Ciclocros de Marin. A primeira carreira ,era a dos Cadetes e as Feminas. Román Saa, cadete, era o 11º realizando unha boa carreira, no seu primer ano na categoria, e que carreira a carreira vai amosando como se vai adaptando a nova categoría. En Feminas, na categoria de Cadetes, Xiana Conde , conquería a victoria, a primeria deste ano , no calendario galego, e a segunda da temporada. Posteriomente, tocaballe o turno os Master, con J. Manuel 18º en M30, con Xulio 9º e Toño 18º en M40 e J. Manuel 5º en M50. Pechaba a xornada a carreira de Juniors e Elite. En Junior , destacar a volta a competición de Marcos Villar, despois dun longo periodo de inactividade polos seus problemas coa perna. Xunto con Marcos ,tomaban participaban Raul Gonzalez e Ruben García. Dende a saída, Marcos e Raul rodaban xuntos, rematando ambos como 6º e 7º respectivamente, e despois de realizar unha gran carreira. Ruben, tiña que retirarse , por un pinchazo.
Asi pois ,boa xornada para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACYON-MERIDA de Maceda.
Hoxe, nunha maña fria, e no Lago Castiñeiras, o CC Marin, organizaba o XI Ciclocros de Marin. A primeira carreira ,era a dos Cadetes e as Feminas. Román Saa, cadete, era o 11º realizando unha boa carreira, no seu primer ano na categoria, e que carreira a carreira vai amosando como se vai adaptando a nova categoría. En Feminas, na categoria de Cadetes, Xiana Conde , conquería a victoria, a primeria deste ano , no calendario galego, e a segunda da temporada. Posteriomente, tocaballe o turno os Master, con J. Manuel 18º en M30, con Xulio 9º e Toño 18º en M40 e J. Manuel 5º en M50. Pechaba a xornada a carreira de Juniors e Elite. En Junior , destacar a volta a competición de Marcos Villar, despois dun longo periodo de inactividade polos seus problemas coa perna. Xunto con Marcos ,tomaban participaban Raul Gonzalez e Ruben García. Dende a saída, Marcos e Raul rodaban xuntos, rematando ambos como 6º e 7º respectivamente, e despois de realizar unha gran carreira. Ruben, tiña que retirarse , por un pinchazo.
Asi pois ,boa xornada para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACYON-MERIDA de Maceda.
26 nov 2012
XI CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO
Este domingo celebrouse no Parque da Granxa do Xesto o XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago. A sorte non acompañou @s corredores macedáns, do ACADEMIA POSTAL -ACTYON - MERIDA, xa que os diversos percances sufridos, privaron que algún dos corredores poidera subir o podium. A xornada comezaba coa carreira de Cadetes , con Xiana e Roman na grella de saída. Xiana debía retirarse antes de completar a primeira volta polo seu forte catarro. Roman , completaba a carreira e remataba o 12º. En Juniors , participaban Raul e Ruben. Raul rodaba nunha excelente 5ª posición ,cando un pinchazo o reitiraba da carreira. Ruben, remataba o 13º. Por ultimo en Master , tamén as averias e pinchazos fixeron mella, e o final Xulio foi 16º e Antonio Saa o 20º. En Master 30, Jose Manuel Ramos era o 9º. A vindeira cita , será dentro dunha semén en Marín.
18 nov 2012
BOA ACTUACION NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX DE SOBRADO
VICTORIA DE XIANA E 4º POSTO DE RAUL E ROMAN NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX
Moi bo balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON na primeira proba puntuable para a TAÇA DE PORTUGAL de Ciclocross, disputada na localidade de Sobrado, nun bonito circuito diseñado pola organización. Chegaba nesta proba a primeira victoria da temporada para o noso clube, colleitada por Xiana Conde, na Categoria de Féminas Cadetes. Pero non so era destacable a actuación de Xiana, si non que tamén outros corredores macedáns colleitaban moi bos resultados , asi Roman Saa era 4º na categoría de Cadetes , e tamén Raul Gonzalez era 4º na categoria de Juniors, o que amosa que ambos corredores se van adaptando a súa nova categoria.
12 nov 2012
SUPERPRESTIGIO DE ELORRIO
Despois de non poder estar nas citas anteriores do SUPERPRESTIGIO DE CX , en Karrantza e Muskiz, o ACADEMIA POSTAL- ACTYON estivo presente na 4ª cita de este Superprestigio, en Elorrio. Foi a corredora cadete Xiana Conde, a que ata ali se desprazou para participar na proba, nunha carreira marcada polo abundante barro, froito da choiva caida durante toda a xornada, o que endureceu as carreiras. Xiana , que estivo casi que toda a carreira pelexando por un posto no podium , finalmente foi 5ª. Destacar , que a victoria correspondeu a ex corredora da nosa escola, a galega , Desiree Duarte.
A vindeira cita do Superprestigio será o 8 de decembro na localidade de Itxasondo.
CICLOCROSS DE O ROSAL
Este sábado iniciouse o calendario galego de Ciclocross , coa proba celebrada no entorno da Praia das Eiras , no Rosal e organizada polo CC O Rosal. Nun circuito, situado a beira do Miño , e con treitos de area a actuación dos corredores macedáns do ACADEMIA POSTAL -ACTYON, estivo a un gran nivel.
En cadetes , o novel , ROMAN SAA ,realizaba unha gran carreira, na sua segunda carreira na categoria e no ciclocross, rematando o 8º. En Juniors , RAUL GONZALEZ, era 6º , estando a un gran nivel, a pesar de non ter realizado unha boa saida. Na misma categoria RUBEN GARCIA ,era 14º. Ambos corredores están a correr a suas primeiras carreiras como juniors.
Tamén participaron, Antonio Saa Tesouro en M40 (14º) E J. Manuel Ramos M30 (16º)
31 oct 2012
23 oct 2012
CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR E VILLARCAYO
XIANA 4º EN MEDINA E 5ª EN VILLARCAYO, O MAIS DESTACADO
Este fin de semán , a cita para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON foi por partida dobre en terras burgalesas. O sábado, en Medina de Pomar, chegaba a primeira das citas. Eran casi 450 os inscritos e repartido nas diferentes categorias. Xiana Conde acadaba o millor dos resultados para o clube macedán, xa que era 4ª na carreira de Feminas Cadete, despois de estar pelexando toda a carreira poloa 3ª posición, e quedando as portas do podium. En Juniors, Raul Gonzalez era o 17º, apesares de non ter realizado unha boa saída, nunha carreira na que participaron case que 50 corredores. O seus compañerios Ruben García era o 30º e Sergio Movilla o 32º. En Master 40 Xulio era o 12º.
Con pouco tempo de recuperación , chegaba a seguinte das citas. Era na matinal do domingo, e en Villarcayo, nunha carreira na que a choiva facía acto de presencia, o que iba a provocar que o circuito se voltara moi resbaladizo. Xiana Conde, voltaba a obter o millor dos resultados, e despois de estar toda a carreira polo podium, chegando a rodar en 2º lugar, o final pagaba o esforzo e finalizaba 5ª.
En Juniors, nunha carreira na que voltaban a tomar parte 50 corredores, Raul Gonzalez era 23º, Sergio Movilla o 27º e Ruben Garcia o 30º. Lembrar que estes corredores estan a correr as súas primeiras carreiras como Juniors.
7 oct 2012
XA COMEZOU A TEMPORADA DE CICLOCROS CA 1ª PROBA DO SUPERPRESTIGIO EN IBIAS
Este sábado comezou unha nova temporada de Ciclocross. Foi na localidade asturiana de Ibias, onde se celebraba a primeira proba puntuable para o SUPERPRESTIGIO MMR-CAMPAGNOLO, (Antiga Copa de España), o que supuña a primeira proba de Ciclocross a nivel estatal. Foron máis de 250 os participantes chegados de todo a peninsula, os que participaron na proba.
En canto o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que acudía con numerosas e importantes ausencias, como as de Marcos Villar e Saul López, desprazaba a Asturias un total de 7 corredores , sendo o resultado máis destacable, o 5º posto de Xiana Conde en Feminas Cadete. Para a maior parte deles ,era a sua primeira carreira nunha nova categoria, asi Raul Gonzalez, Ruben Garcia e Sergio Movilla estreabanse na categoría de juniors, rematando o 20, 22 e 23. En cadetes, Roman Saa, que tamén cambiaba de categoria remataba o 19º. A vindeira cita ,para os xovens corredores da canteira macedán, saidos da Escola JA Hermida, será dentro de 15 dias en terras burgalesas.
30 sept 2012
IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ VENCEN NA ULTIMA PROBA DE MINI BTT EN MARIN
Hoxe puxose punto e final a tempada galega de MINI BTT , coa proba celebrada nos arredores do Lago de Castiñeiras en Marin, e organizada polo CC Marin. A Escola JA HERMIDA, colleitaba duas victorias, e un total de 4 podiums. IVAN FEIJOO, vencía con autoridade , na categoria de Infantis, sumando unha victoria mais, no seu primer ano na categoria. AIDA GONZALEZ vencía en Principiantes Feminas. ANTIA MARTINEZ era 4 en Alevins e BREOGAN DIZ, 5º en Principiantes. Destacar a actuación de todos e cada un dos corredores da nosa Escola que acudiron a cita , xa que todos estiveron a un gran nivel, nunha proba que contou con unha importante participación en todas as categorías.
Destacar tamen , que hoxe ROMAN SAA despediase do Mini BTT, despois de 7 anos competindo, xa que cambia de categoria e pasa a ser cadete.
22 sept 2012
SETE PODIUMS NO IV MINIBTT DE MOS CON VICTORIAS DE IVAN E AIDA
Unha boa xornada para a Escola de Ciclismo JA HERMIDA a vjvida hoxe no IV MINI BTT de Mos, organizada pola Fundación Oscar Pereiro, e na que ata 7 corredores e corredoras do clube macedán subirón o podium. Asi na categoría de Principiantes, Breogan Diz era 4º; na mesma categoría , pero en feminas, vencia Aida Gonzalez, con Noela Saa na 4ª posición e Aixa Gonzalez 5ª. Na categoría de Feminas Alevins, Antía Martínez era 5ª. E na categoria raiña, a de infantis, nova victoria de Ivan Feijoo, acompañado no podium por Aaron López, que entraba 5º. Pero non so rendiron a gran nivel estes corredores e corredoras, xa que os seus compañerios estaban tamén a un gran nivel. En total foron unha veintena os corredores e corredoras da nosa Escola as que acudiron a cita desta proba do calendario galego de Mini BTT. E o domingo que ben, chega a ultima proba do calendario galego , ca cita de Marin.
17 sept 2012
VICTORIAS DE IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ NO II MINIBTT CONCELLO DE VIGO
Onte domingo, celebrouse no parque de Castrelos o II MINI BTT Concello de Vigo, organizado pola Fundación Oscar Pereiro. Nunha maña soleada, foron máis de 150 @s participantes na antepenultima proba do calendario galego de Mini BTT. Entre @s corredores/as macedáns , destacar a victoria de IVAN FEIJOO na categoría de Infantis, con Aaron López 8º e Manuel Souto 10º. Ivan ,sumaba asi unha victoria máis nesta exitosa tempada. AIDA GONZALEZ, tamén vencía en principiantes Feminas. Na mesma categoria de Principiantes, Breogan Diz era 4º, Martin Gonzalez 8º e Breixo Atrio 17º. Asi pois bos resultados para @s corredores/as da Escola de Ciclismo JA Hermida. A vindeira cita, o próximo fin de semán en Mos.
4 sept 2012
PABLO E HERMIDA NO MUNDIAL DE BTT ESTE FIN DE SEMAN
Este xoves comezan na localidade austriaca de Saalfelden os Campionatos do Mundo de BTT ,. Tanto o corredor macedán PABLO RODRIGUEZ, como o corredor oriundo de Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA estarán presentes integrando o combinado español.
Pablo Rodriguez , que xa leva participado en 6 mundiais, participara na categoria Sub 23 por primeira vez, despois de ter gañado este seu primer ano na categoria tanto o Campionato de España como a Copa de España. Pablo , ven desmostrando un grandisimo nivel neste seu primer ano, adaptandose perfectamente a esta dificil categoria, polo que seguro que fara un gran mundial.
Jose Antonio Hermida, que ven de ser 4º nos recentes Xogos Olimpicos en Londres , tentará voltar a ser Campion do Mundo , como xa fixera fai un par de anos en Canada, tendo grandes opcións de repetilo.
Hermida, acumula , sen dubida un dos palmares máis importantes a nivel mundial, dentro do mundo do BTT, sendo un dos grandes neste deporte.
Os horarios das probas son:
Xoves 17:00 hrs: TEAM RELAY (equipo a decidir)
Venres 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO SUB 23 con Pablo Rodriguez
Sábado 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO ELITE con JA Hermida
Dende aca queremos desexarlle toda a sorte do mundo a ambos corredores......
FORZA PABLO!!! FORZA JOSE!!!
3 sept 2012
MINI BTT DE CAMBRE
VISTANDO A VUELTA A ESPAÑA 2012
Con Purito, lider da Vuelta a España |
Con Alberto Contador |
Nestes días a Vuelta a España 2012 visitou terras galegas, transcurrindo ata 5 etapas por Galicia. Aproveitando esta circunstancia, os rapazes e rapazas da Escola de Ciclismo puideron ver en directo algunha das etapas, visitando os seus idolos. Asi facendo coincidir co viaxe o Mini BTT de Cambre, os maís pequenos , estiveron na saída da etapa en Palas de Rei. Tamén estiveron ,ademais na crono de Pontevedra e no final de etapa de Ezaro.
27 ago 2012
AIDA GONZALEZ 1ª E IVAN FEIJOO 2º PODIUMS NO MINIBTT DE MONTEFERRO
20 ago 2012
IVAN FEIJOO E AIDA GLEZ , VENCEN NA CASA , NO VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
A xornada comezou de maña, as 11 horas, xa con moito calor, nos arredores do Castelo de Maceda. Abriuse ca carreira de Prebenxamins, para continuar despois ,con todas as categorias, promesas, principiantes, alevíns e infantis. Moito foi tamén o publico que presenciou a proba en directo. No que respeta aos resultados d@s corredores e corredoras locais, destacar a victoria de Ivan Feijoo na categoria de Infantis, e de Aida Gonzalez en Principiantes, asi como os podiums de Noela e Aixa.
Pero a xornada, non remataba cas carreiras, xa que o remate das mesmas, a "festa" trasladabase as instalación municipais das Piscinas, onde se celebraba a III FESTA DO MINI BTT GALEGO, e na que participan máis de 200 persoas, disfrutando dun xantar e dunha xornada de lecer nas piscinas, para rematar con unha acampada.
Asi pois xornada completa ,nun día non que o calor apretou.
Clasificacións completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1045_VIII%20MINIBTT%20CASTELO%20DE%20MACEDA.pdf
16 ago 2012
ESTE SABADO AS 11 VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
Este sábado a partires das 11 horas , e nos arredores do Castelo de Maceda, o CC Maceda e a súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA, organizan o VIII Mini BTT CASTELO DE MACEDA, e no que se agarde que participen máis dun centenar de rapazes e rapazas das diferentes Escolas de Ciclismo de Galicia, con idades de entre os 5 e os 14 anos. Ao remate do mesmo, e xa nas instalacións das piscinas tod@s @s participantes, poderán participar na III Festa do MINI BTTT GALEGO, e que consistira nunha xantar colectivo e unha tarde de convivio con xogos na piscina, para rematar con unha acamapada.
12 ago 2012
HERMIDA 4º NAS OLIMPIADAS DE LONDRES
Finalmente Hermida foi 4º nas Olimpiadas de Londres, nunha carreira emocionante na que estivo loitando toda a carreira por unha medalla, e na que un percance ca sua cadea, posiblemente , lle impedira subir o podium. Pero ainda asi, demostrou a sua gran condición e a sua garra, nunha carreira dura , intensa e moi moi emocionate. Hoxe , o unico que podemos decir, e que neste clube ,estamos MOI ORGULLOSOS de que a nosa ESCOLA DE CICLISMO leve o teu nome: JOSE ANTONIO HERMIDA.....
9 ago 2012
30 jul 2012
O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA GAÑA O OPEN GALEGO BTT XC
Este fin de seman se puxo punto e final ao o OPEN GALEGO DE BTT XC, coa proba celebrada en Sanxenxo. Decidianse nesta proba os vencedores finais do Open Galego. Por equipos, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA proclamabase vencedor final, colleitando asi un exito máis. A nivel individual, IVAN CONDE levabase a victoria xeral en Cadetes. RAUL GONZALEZ e SAUL LOPEZ, finalizaban 2º en Cadete e Elite respectivamente, ao igual que XIANA CONDE en Feminas cadetes-junior. Xulio Conde era 3º en Master 40 e Jose Manuel Gonzalez 2º en Master 50. Por todo elo, o balance, non pode considerarse mais que positivo, nunha temporada na que a persares das diferentes baixas, o noso clube logrouse proclamar como vencedor na xeral por equipos.
No que respeta a proba destacar sobre todo a victoria de RAUL GONZALEZ na categoria de cadetes, o que supuña un xusto premio a un corredor que o longo de toda a tempada perseguiu a victoria, e chegoulle na ultima proba. En elites, SAUL LOPEZ, foi 2º en dura loita co vencedor final do open, o vigues Alberto Pedreira. Ponse asi, punto e final a tempada de BTT...
18 jul 2012
SAUL LOPEZ, CA SELECCION GALEGA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LORCA
Despois da participación dos corredores cadetes Ivan, Raul e Xiana o pasado fin de semán, coa selección galega, nos Campionatos de España de BTT en Oviedo, agora tocalle o turno a SAUL LOPEZ, que acudira convocado coa seleción galega , para participar nos Campionatos de España Absolutos, que este fin de semán se celebran na localidade murciana de Lorca. Xunto con Saul , acudirá Xulio Conde como responsable da seleción.
Os campionatos abriranse na xornada do venres coa carreira de Team Relay. O sabado seran as carreiras de expert , e master. Na mentras que a proba de Sub 23, na que participa Saul, será o domingo de maña, a partir das 9 horas. Saul , parte , ca intención de estar entre os 10 millores sub 23 , neste seu primer ano na categoría, despois de ter estado no podium de junior o ano pasado, no que foi 3º.
Información completa da proba en: http://www.cclahoya.lorca.es/
15 jul 2012
IVAN, RAUL E XIANA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XC CADETES
Este fin de seman celebraronse en Oviedo os Campionatos de España de BTT XC , na categoria de Cadetes ,coa participacion dos corredores macedáns , Ivan Conde, Raul Gonzalez e Xiana Conde. A sorte , non acompañou, e asi Ivan foi 18º , Raul Gonzalez 31º, na mentras , que a femina Xiana Conde ,sufría unha rotura de cadea ,cando ia en 7º lugar,o que lle obligou a abandonar.
Os xovéns corredores de Maceda , poideron disfrutar dunhas xornadas de convivio con un gran numero de corredores e corredoras , das especialidades de BTT e Estrada, que participan nestes Campionatos de España en Idade Escolar, organizados polo Consello Superior de Deportes.
10 jul 2012
XIANA , IVAN E RAUL CONVOCADOS PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA CADETES
![]() |
XIANA CONDE |
![]() |
IVAN CONDE |
![]() |
RAUL GONZALEZ |
Os corredores cadetes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA que tan boa temporada esta a realizar , IVAN CONDE, e RAUL GONZALEZ, e a corredora XIANA CONDE veñen de ser convocados pola selección galega para participar este fin de semana nos Campionatos de España de BTT XC, que se celebrarán en Asturias este fin de semán . En concreto , a proba de BTT, celebrarase o sábado pola maña, sendo a saída da Cadete Feminina as 9:30 horas e a Cadete Masculina as 11.00 horas , no circuito do Parque de la Acebera, en Lugones.
Máis información sobre a proba en http://www.cecasturias2012.es/
Plano e track do circuito en http://connect.garmin.com/player/193853933
CAMPIONATOS DE GALICIA BTT XC -MACEDA 2012
8 jul 2012
DOUS TITULOS E 5 MEDALLAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS XCO DE MACEDA
O Este sábdo ,celebraronse en Maceda os CAMPIONTOS DE GALICIA XCO 2012, organizados polo noso clube. Era a cita máis importante do ano, a nivel do calendario galego, e máis este ano , no que o noso clube está a conmemorar os 25 anos , e a verdade e que non defraudou , tanto polo número de participantes , como pola gran cantidade de público que presencio na proba.
O equipo local, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, corría en casa , no seu circuito, e diante do seu público. E non fallou. O final foron un total de 5 medallas , entre elas 2 titulos.
A xornada comezaba as 17 hroas , coas carreiras de Cadetes, Juniors , Feminas e Master. En feminas Cadetes, Xiana Conde era 2ª , loitando pola victoria ata os ultimos metros con Desiree Duarte, que o final proclamabase Campiona Galega. En Master 40, Xulio Conde, vencia e daba o primer titulo ao clube macedán. En Cadetes, chegaba o segundo titulo, con victoria incontestable de Ivan Conde, que tan boa temporada está a facer, diante do seu compañeiro de equipo , Raul Gonzalez, que entraba en meta 2ºcompletando o doblete do clube macedán na categoría cadete.
As 18:30 , dabase a saída a carreiras de Elite, Sub23, senior e master 3.Na carreira máis importante, a de Elite-Sub 23, Saul Lopez era 2º , detras do excorredor do noso clube, Pablo Rodriguez, un dos millores bikers a nivel estatal, e que se proclamaba campion de Galicia Sub23 na sua "casa". Saul Lopez, tamén realizaba unha grandisima carreira , e entraba en meta 2º , e proclamabase subcampión galego Sub23, dando unha medalla máis o noso equipo.
Así , pois, gran xornada para o clube macedán, nestes campionatos galegos, nos que máis de 130 corredores/as toman parte na proba. Un bonito día para lembrar.....
2 jul 2012
CAMPIONATO GALEGO BTT XC EN MACEDA O SABADO 7 DE XULLO
Este sábado ,celebrarase en Maceda, a partires das 17:00 horas nos arredores das piscinas de Maceda, os CAMPIONATOS GALEGOS DE BTT XC 2012 , e nos que se poran en xogo , os titulos autonómicos nas diferentes categorias. A sáida e chegada serán nas instalacións das piscinas municiapais, e o circuito transcurre polo paseo do rio cara a zona de Francos. Tratase dun circuito , rapido, pero esixente fisicamente, nunha sucesion de subidas e baixadas. Xa esta todo listo, para que Maceda poida disfrutar do millor BTT Galego, neste ano no que o noso clube esta a conmemorar o 25 aniversario.
Horarios:
17:00 horas: Junior, Feminas, Cadetes, Master 40,50,60
18:30 horas: Elite-Sub23, Senior, Master 30
As inscripción realizaranse no lugar da sáida ata as 16:00 horas.
Podedes ver o plano do circuito neste enlace:
http://connect.garmin.com/activity/193731753
1 jul 2012
SAUL E IVAN CONTINUAN LIDERES DO OPEN GALEGO XCO
Despois da proba deste fin de semán , en Castro Barbudo, nun circuito sumamente técnico, os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , Saul Lopez e Ivan Conde, continuan de lideres nas categorías de Elite e Cadete , respectivamente. Saul, que sufria un pinchazo na primeira volta, e perdia moito tempo, lograba ao final manter o maillot de lider , cun 4º posto.
Ivan , vencia en Cadetes, con doblete, xa que o seu compañeiro de equipo Raul Gonzalez, era 2º, nunha gran carreira, nun circuito moi dificil.
A vindeira cita, o proximo sábado, en Maceda, cos titulos galegos en xogo.
VICTORIA DE IVAN NO MINI BTT DE ARBO
Este sábado celebrouse en Arbo, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro , unha proba máis do calendario galego de Mini BTT, nunha maña nublada, foron moitos os rapazes e rapazas de toda Galicia os que se achegaron ata ali. Entre eles 15 corredor@s da nosa Escola. Raiaron a unha gran altura, destacando Ivan Feijoo que venceu con autoridade na proba de Infantis, e Aida Gonzalez, 2ª en Principiante Feminas.
29 jun 2012
MAÑA MINI BTT EN ARBO E BTT EN TARAGOÑA
![]() |
@s integrantes da Escola e do Equipo |
A fin de semán presentase intensa , xa que maña a actividade será por partida dobre. As 11 @s pequen@s da Escola JA HERMIDA, acudiran a unha novoa cita do calendario galego de MINI BTT na localidade pontevedresa de Arbo, e organizada pola Fundación Oscar Pereiro.
Pola tarde, o turno será para os maiores, @s integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , na localidade de Taragoña, a partires das 17 horas , na proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT XC 2012 , ao que acudirán coa intencion de repetir as actuacións das ultimas probas e defender os lideratos de Saul en Elite e de Ivan en Cadetes.
A cita e , a unha seman do Campionato Galego de BTT XC que organiza este clube o 7 de xullo.
24 jun 2012
SAUL E IVAN LIDERES DO OPEN GALEGO BTT XC EN ELITE E CADETES
Proveitosa xornada para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA este fin de semán na proba do Open Galego de BTT XC en Oleiros, na que colleitou un total de 6 podiums, entre eles 2 victorias.
Na categoria raiña, a de Elite, SAUL LOPEZ era 2º despois dunha intensa loita con Mauro Gonzalez, que o vencia nos ultimos metros da proba. Este 2º posto , valeulle para afianzarse como lider do Open Galego.
En Cadetes, IVAN CONDE , vencia con autoridade e afianzabase todavia mais como lider. O terceiro era o seu compañeiro de equipo, RAUL GONZALEZ, na mentras que SERGIO MOVILLA finalizaba 5º.
XIANA CONDE subia o podium como unica participante en Feminas. Os ultimos podiums da xornada chegaban en Master 40 con Xulio Conde 3º e en Master 50 con Jose Manuel Gonzalez, 3º. Asi pois ,gran xornada para o clube macedan nesta proba do Open Galego de BTT.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)