24 dic 2012
36º TROFEO DE CICLOCROSS VILA DE PORRIÑO
Este domingo, celebrouse a 36 edicion do Trofeo Vila de Porriño de Ciclocross, estreando circuito no Parque do rio Louro, polo que este ano non se celebrou no tradicional circuito do Velodromo.
A maña comezaba ca carreira de Cadetes e Feminas. En Cadetes, o representante do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , era Roman Saa, que carreira a carreira vai amosando, como se vai afacendo ao ciclocross, nesta sua primeira temporada nesta especialidade. Entraba en meta no 8º lugar, pero cada vez mais perto da cabeza da carreira. En Feminas Cadete, Xiana Conde estaba de novo no podium, e era 3ª , nunha carreira na que se viu superada ademais de por Desiree Duarte, por Irene Trabazos. En juniors, Raul Gonzalez ,realizaba tamen unha gran carreira, sendo 7º na meta , pero entrando practicamente no mesmo tempo que o 5º. Tanto Raul, como Roman, sufriron sendas caidas.
Completaban a participacion macedán, os Master, con Xulio 9º, Antonio Saa 16º en M40 e Jose Manuel Gonzalez 4º en M50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario