Este xoves comezan na localidade austriaca de Saalfelden os Campionatos do Mundo de BTT ,. Tanto o corredor macedán PABLO RODRIGUEZ, como o corredor oriundo de Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA estarán presentes integrando o combinado español.
Pablo Rodriguez , que xa leva participado en 6 mundiais, participara na categoria Sub 23 por primeira vez, despois de ter gañado este seu primer ano na categoria tanto o Campionato de España como a Copa de España. Pablo , ven desmostrando un grandisimo nivel neste seu primer ano, adaptandose perfectamente a esta dificil categoria, polo que seguro que fara un gran mundial.
Jose Antonio Hermida, que ven de ser 4º nos recentes Xogos Olimpicos en Londres , tentará voltar a ser Campion do Mundo , como xa fixera fai un par de anos en Canada, tendo grandes opcións de repetilo.
Hermida, acumula , sen dubida un dos palmares máis importantes a nivel mundial, dentro do mundo do BTT, sendo un dos grandes neste deporte.
Os horarios das probas son:
Xoves 17:00 hrs: TEAM RELAY (equipo a decidir)
Venres 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO SUB 23 con Pablo Rodriguez
Sábado 14:00 hrs: CAMPIONATO MUNDO ELITE con JA Hermida
Dende aca queremos desexarlle toda a sorte do mundo a ambos corredores......
FORZA PABLO!!! FORZA JOSE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario