22 sept 2012

SETE PODIUMS NO IV MINIBTT DE MOS CON VICTORIAS DE IVAN E AIDA


Unha boa xornada para a Escola de Ciclismo JA HERMIDA a vjvida hoxe no IV MINI BTT de Mos, organizada pola Fundación Oscar Pereiro, e na que ata 7 corredores e corredoras do clube macedán subirón o podium. Asi na categoría de Principiantes, Breogan Diz era 4º; na mesma categoría , pero en feminas, vencia Aida Gonzalez, con Noela Saa na 4ª posición e Aixa Gonzalez 5ª. Na categoría de Feminas Alevins, Antía Martínez era 5ª. E na categoria raiña, a de infantis, nova victoria de Ivan Feijoo, acompañado no podium por Aaron López, que entraba 5º. Pero non so rendiron a gran nivel estes corredores e corredoras, xa que os seus compañerios estaban tamén a un gran nivel. En total foron unha veintena os corredores e corredoras da nosa Escola as que acudiron a cita  desta proba do calendario galego de Mini BTT. E o domingo que ben, chega a ultima proba do calendario galego , ca cita de Marin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario