30 sept 2012

IVAN FEIJOO E AIDA GONZALEZ VENCEN NA ULTIMA PROBA DE MINI BTT EN MARIN


Hoxe puxose punto e final a tempada galega de MINI BTT , coa proba celebrada nos arredores do Lago de Castiñeiras en Marin, e organizada polo CC Marin. A Escola JA HERMIDA, colleitaba duas victorias, e un total de 4 podiums. IVAN FEIJOO, vencía con autoridade , na categoria de Infantis, sumando unha victoria mais, no seu primer ano na categoria. AIDA GONZALEZ vencía en Principiantes Feminas. ANTIA MARTINEZ  era 4 en Alevins e BREOGAN DIZ, 5º en Principiantes. Destacar a actuación de todos e cada un dos corredores da nosa Escola que acudiron a cita , xa que todos estiveron a un gran nivel, nunha proba que contou con unha importante participación en todas as categorías.
Destacar tamen , que hoxe ROMAN SAA despediase do Mini BTT, despois de 7 anos competindo, xa que cambia de categoria e pasa a ser cadete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario