8 jul 2012

DOUS TITULOS E 5 MEDALLAS NOS CAMPIONATOS GALEGOS XCO DE MACEDA



O Este sábdo ,celebraronse en Maceda os CAMPIONTOS DE GALICIA XCO 2012, organizados polo noso clube. Era a cita máis importante do ano, a nivel do calendario galego, e máis este ano , no que o noso clube está a conmemorar os 25 anos , e a verdade e que non defraudou , tanto polo número de participantes , como pola gran cantidade de público que presencio na proba.
O equipo local, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, corría en casa , no seu circuito, e diante do seu público. E non fallou. O final foron un total de 5 medallas , entre elas 2 titulos.
A xornada comezaba as 17 hroas , coas carreiras de  Cadetes, Juniors , Feminas e Master. En feminas Cadetes, Xiana Conde era 2ª , loitando pola victoria ata os ultimos metros con Desiree Duarte, que o final proclamabase Campiona Galega. En Master 40, Xulio Conde, vencia e daba o primer titulo ao clube macedán. En Cadetes, chegaba o segundo titulo, con victoria incontestable de Ivan Conde, que tan boa temporada está a facer, diante do seu compañeiro de equipo , Raul Gonzalez, que entraba en meta 2ºcompletando o doblete do clube macedán na categoría cadete.
As 18:30 , dabase a saída a carreiras de Elite, Sub23, senior e master 3.Na carreira máis importante, a de Elite-Sub 23, Saul Lopez era 2º , detras do excorredor do noso clube, Pablo Rodriguez, un dos millores bikers a nivel estatal, e que se proclamaba campion de Galicia Sub23 na sua "casa". Saul Lopez, tamén realizaba unha grandisima carreira , e entraba en meta 2º , e proclamabase subcampión galego Sub23, dando unha medalla máis o noso equipo.
Así , pois, gran xornada para o clube macedán, nestes campionatos galegos, nos que máis de 130 corredores/as toman parte na proba. Un bonito día para lembrar.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario