23 oct 2011
CX INTERNACIONAL DE MEDINA DE POMAR
Onte o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , participou nunha nova edicion do CX Internacional de Medina de Pomar, segunda e definitiva proba do Open Diputación de Burgos; foron máis de 430 os participantes na proba chegados de toda a peninsula ibérica, asi como numeroso o publico que presenciou a proba nunha xornada soleada. A xornada voltou a ser exitosa para o clube macedán , e asi os xovéns corredores/as da Escola de Ciclismo JA HERMIDA, conqueriron 2 podiums na xeral do Open , con IVAN CONDE , 3º en Cadetes Masculinos e XIANA CONDE 3ª en Cadetes Femeninas. En canto a os resultados da proba destacar que varios dos integrantes lograronse situar entre os millores nas súas respectivas categorias, asi en cadetes IVAN CONDE foi 5º e RUBEN GARCIA foi 21º; en Cadetes Feminas, XIANA CONDE foi 4ª; en M-40 Xulio Conde foi 9º;en Juniors, DAVID RODRIGUEZ 4º con MARCOS VILLAR 14º; e na proba raiña, a Elite Sub-23 SAUL LOPEZ foi 28 , sendo o 11º entre os Sub23; IAGO GARCIA non poido rematar a proba por problemas na espalda. O vencedor da proba foi o belga Diether Sweeck.
Clasificacións completas en www.uno.es
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario