20 oct 2011

ESTE SABADO CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR



@s integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, voltan de novo a terras burgalesas, en concreto a localidade de MEDINA DE POMAR, onde este sábado se celebra o VIII CICLOCROSS INTERNACIONAL MEDINA DE POMAR, proba incluido no calendario da UCI. Ao igual que xa acontecera o fin de semán pasado, en Villarcayo, os xovenes integrantes do clube Macedán , trataran de situarse nas diferentes categorias nas que participan, entre os millores, intentando acadar algunha posición no podium. A expedición macedán saera cara terras burgalesas o venres de tarde, co fin de poder recoñecer o circuito. Acudiran @s seguintes corredores: Saul Lopéz e Iago García en Sub 23; David Rodriguez e Marcos Villar en Juniors; Ivan Conde e Ruben Garcia en Cadetes; Xiana Conde en Cadetes Feminas e Xulio Conde en M 40. Asi pois , unha boa plantilla para voltar a casa con algún podium.
Os horarios das probas son os seguintes:
12:00 Senior e M-30
13:00 Feminas Junior e Elite; M-40,50,60
15:00 Cadetes e Feminas Cadetes
16:00 Junior
17:00 Elite/Sub 23

Máis información da proba en www.ciclocrossmedina.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario