16 oct 2011
BO COMEZO NO CICLOCROSS INTERNACIONAL DE VILLARCAYO
Este sábado, na localidade burgalesa de Villarcayo, e con un inusual calor para o que e normal en ciclocross, arrancaba oficialmente a temporada de Ciclocross para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda. Foron 7 os corredores e corredoras os que acudiron a tomar parte na proba internacional de Villarcayo, nas diferentes categorias. O caracter internacional da proba, fai que a participación fora moi numerosa en todas as categorias. Os corredores de Maceda, tiveron unha moi meritoria actuación estando a un gran nivel. Asi en Cadetes, IVAN CONDE, era 4º, moi cerca das posicións de podium, e facendo unha gran carreira. RUBEN GARCIA , era o 17º . En juniors, DAVID RODRIGUEZ , tamén estaba a un bo nivel, e estivo moi perto de entrar no top-ten , rematando 11º, despois dunha saída non moi boa. Na carreira reina , a de Elite-sub 23, con casi un centenar de participantes, tanto SAUL LOPEZ como IAGO GARCIA , tamen facian unha boa carreira. IAGO GARCIA, saia ben, e rodaba nas duas primeiras voltas entre os 30 primeiros, e entre os millores Sub 23, pero na 3ª volta sufria unha forte caida, que lle marcou a carreira, retrasandolle bastantes posicións. Ao final remataba 52º. SAUL LOPEZ despois dunha saída regular, foi remontando toda a carreira, nun circuito no que non era facil recuperar posicións, para finalmente rematar 29º, sendo o 11º Sub23, na súa primeira carreira na categoria. O único podium da xornada , chegaba de man da pequena do clube, XIANA CONDE, que na súa primeira carreira como Cadete e en ciclocross era 2ª, nunha proba na que vencia a súa excompañeira de equipo , Desiree Duarte. Asi bo comezo de tempada. A vindeira cita o proximo sábado de novo en terras burgalesas, esta vez en Medina del Pomar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario