10 oct 2011
COMEZOU O CX EN VALLADOLID
Este domingo celebrouse a primeria proba da temporada de Ciclocross, en Valladolid, con unha proba que nun principio estaba calendada como puntuable para a Copa de España de Ciclocross, pero que, a última hora quedou fora da Copa de España, pasando a ser unha proba de caracter autonómico o que propiciou que a participación na mesma decaera.O noso clube decidiu non acudir a proba como equipo, unha vez que lle foi comunicado por parte do organizador, que non era puntuable para a Copa de España.Asi por parte do noso clube acudiron a participar, a titulo individual, David Rodriguez en Juniors e Ivan Conde en cadetes, tendo unha boa actuación , xa que na carreira de Juniors , David, que inicia o seu segundo ano como junior, rematou no 4º posto, e en Cadetes, Ivan Conde, era 5º. Ambos corredores, apuntan a realizar unha gran temporada.
A seguinte cita, sera o vindeiro fin de semán , na localidade burgalesa de Villarcayo, proba de caracter internacional.
Clasificacións completas:
http://www.fedciclismocyl.com/actas_carreras/ciclocross-valladolid091011.pdf
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario