27 oct 2011
ESTE FIN DE SEMAN DOBRE CITA DE CX EN EUSKADI: KARRANTZA E MUSKIZ
Este fin de semán a cita será por partida dobre para o xoves corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, xa que coincidindo coa ponte, desprazaranse a Euskadi para participar en sendas probas internacionais. O Domingo a cita será na proba de Karrantza, na mentras que o martes estarán un ano maís na cita de Muskiz. Un total de 8 serán os corredores/as do noso clube que acudan a cita. Despois do extraordinario comezo de tempada nas probas de Villarcayo e Medina de Pomar, acudiran a terras vascas coa intención de continuar coa sua progresión e tratar de voltar con vos resultados. En Sub 23 tanto Saul como Iago, terán a oportunidade na proba de Muskiz de medirse de tu a tu con todos os seus rivais, xa que a carreira nesta ocasion sera so para Sub23 e non con Elite, polo que será unha boa oportunidade ver o seu nivel. Daranse a cita os millores especilistas a nivel estatal, xa que se trata dunha proba que adxudica puntos UCI. Saul esta a ter unha boa adaptación a nova categoria de Sub23 , sempre co handicap de sair en posicións retrasadas. As actuación de Iago estiveron marcadas pola mala sorte. En Junior David, acude coa intención de continuar coa sua progresión e tentar entrar en posicións de podium , sobre todo despois de ter rematado 4º en Medina. Marcos, que comezou a sua temporada na nova categoria, continua coa sua adapatación a categoria, xa totalmente recuperado das súas molestias. En Cadetes , Ivan, tentara de novo estar entre os millores ao igual que en probas anteriores. Ruben, tamén quere estar entre os 15 primerios na categoria. E en feminas ,a benxamin do grupo, Xiana, continuara seguir no nivel das suas duas primerias probas na categoria. Asi pois, boas expectativas para a canteira da ESCOLA JA HERMIDA , de cara a este fin de semán en duas probas de moito nivel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario