O junior macedán Pablo Rodríguez ,acudirá este fin de semán , formando parte da selección española de BTT , a localidade inglesa de Dalby Forest , para participar na proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT. Pablo , que esta a completar unha gran temporada , na que vai lider da Copa de España de BTT despois de ter vencido en tres das 4 probas disputadas, acude a esta cita coa intención de acadar unha boa posición entre a elite mundial de BTT. A proba disputarase o sábado a partires das 10:30 horas, nunha xornada na que se prevee tempo seco.
A xornada do sábado preveese intensa para o CC MACEDA, xa que os máis pequenos e pequenas ,da Escola JA HERMIDA, acudirán a participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT na localidade pontevedresa de O Rosal, na mentras que os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, estarán na localidade coruñesa de Arteixo , nunha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ,a que os corredores J. Ramón Villanueva ,e Saúl Lopez , chegan como lideres da categoria Elite e Junior respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario