17 may 2011

COMEZOU O MINI BTT EN CORUXO


Na tarde do sábado , nunha xornada calurosa, e con 180 participantes, o que da idea do nivel que esta adquirindo o MINI BTT como canteira do ciclismo galego, disputouse o II Trofeo Montes de Coruxo, no monte de Fragoselo, e organizado polo CC Coruxo. Comezaba, asi a temporada para os maís pequenos e pequenas da Escola de Ciclismo JA Hermida do clube macedán. Destacar as victorias de Aida Gonzalez en Principiantes Feminas con Antia Martinez 3ª , e de Desiree Duarte en Infantis Feminas con Xiana Conde 2ª e tamén o 2º posto de Ivan Feijoo en Alevins, a pesares da caida sufrida. Tamén non se pode esquecer a gran actuación dos restantes integrantes da Escola que , ademais de disfrutar da gran xornada festiva, acadaron meritorios postos en todas as categorias. A vindeira cita do MINI BTT será este sábado no Rosal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario