22 may 2011

PABLO 11º NA COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST


Pablo Rodriguez do ACADEMIA POSTAL -ACTYON- MACEDA , ven de acadar na segunda proba puntuable para a COPA DO MUNDO de BTT ,na localidade inglesa de DALBY FOREST, unha gran 11ª posición , despois de estar loitando toda a carreira entre os 10 primeiros;
Tal como nos relataba Pablo ao remate da proba: " salin dende a 2ª fila situeime entre os 7-8 primeiros dende o principio e abriase un oco entre eu e os de diante, pasando a 12 segundos da cabeza na segunda volta. Na terceira volta chegaba por primeira vez a cabeza dunha Copa do Mundo, e nese momento producíase un ataque no grupo que non poiden respostar , acusando o esforzo , e perdendo algunha posición ata quedar 11º, pero entrando o sprint polo 9º posto. Quedaseme clavada a espina do top ten, pero a seman que ven haberá a rebancha en Alemania, nunha nova cita coa Copa do Mundo"
Asi pois, Pablo que acudia a esta cita formando parte da selección española , amosaba o seu gran nivel , nunha proba como e unha Copa do Mundo.
Hoxe tocalle o turno a J. Antonio Hermida, na carreira da categoria Elite.


No hay comentarios:

Publicar un comentario